16.4.12

Ribeira: están a amañar o camiño entre A Ameixida e O Touro

  • O mércores 18 haberá cortes de circulación na avenida Romero Ortiz

Inicio_actuacion_ameixida-touro

Ribeira, 16 de abril de 2012.- O Concello informa do inicio das obras de renovación de servizos no camiño que conecta os lugares de A Ameixida (Castiñeiras) e O Touro (Ribeira). Esta actuación ten un importe de 83.583 euros e un prazo de execución de tres meses. A empresa Excavaciones Abelleira, S.L., é a empresa adxudicataria.

Actualmente o citado camiño presenta unha traza bastante irregular, con pavimento de formigón nalgún tramo e de terra noutro. En toda a zona de actuación, os colectores de pluviais e fecais están moi deteriorados e están feitos nun material que apenas se emprega na actualidade para este tipo de instalacións. Asemade, a tubaxe de abastecemento de auga é de fibrocemento. O obxectivo fundamental perseguida coa actuación é a renovación dos servizos urbanos de auga potable, saneamento e pluviais, utilizando materiais que si se usan a día de hoxe, tales como tubaxes de PVC para fecais e pluviais e tubaxes de polietileno de alta densidade para auga potable.

Unha vez realizada a demolición dos pavimentos existentes, rematarase o camiño cun pavimento de mestura bituminosa en quente no tramo con máis pendente, e zahorra artificial compactada no resto da vía, que se corresponde co tramo máis estreito e con menos pendente, harmonizando así co entorno no que se actúa. En gran parte do camiño existen masas rochosas que é preciso demoler en parte para a aplicación do novo pavimento.

A actuación será acometida con cargo ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo municipal de augas.

Romero Ortiz: precisan cortar a circulación de vehículos este mércores 18


O Concello tamén informa de que este mércores, 18 de abril, a Deputación Provincial de A Coruña vai iniciar a actuación consistente no fresado e pavimentación da rúa Romero Ortiz, na cidade de Santa Uxía.

A zona de actuación abarcará dende a rotonda situada ante o paseo do Malecón ata o cruce da vía indicada coa rúa da Carroucha. Será necesario cortar a circulación do tráfico rodado mentres se desenvolvan as obras.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical