16.4.12

Ribeira: curso de balde no conservatorio para os nenos que queiran prepararse para ingresar no ensino oficial

  •  Abriuse hoxe o prazo para inscribirse, a nenas e nenos entre 8 e 14 anos cumpridos en 2012

 [[posterous-content:pid___0]]

Ribeira, 16 de abril de 2012.- No día de hoxe ábrese o prazo de inscrición dun curso de preparación para o ingreso no Conservatorio Profesional de Música de Ribeira, que está dirixido a nenos e nenas de 8 a 14 anos (cumpridos neste ano) e que queiran facer a preceptiva proba de acceso para cursas estudos oficiais neste centro no vindeiro 2012/2013.

A concelleira de Educación de Ribeira, Maricarmen Vizcaya; o director do centro, Álvaro López; e xefa de estudos, Natalia Rey, ofreceron detalles desta iniciativa que ten carácter gratuíto. Durante cinco semanas, os nenos traballarán os contidos que van integrar a proba de acceso ao 1º curso de Grao Elemental (un exame de carácter obrigatorio que terá lugar a mediados de xuño). Ademais, os rapaces terán un primeiro contacto coas distintas especialidades que se imparten no Conservatorio, e recibirán de parte dos profesores unhas nocións básicas de cada instrumento co fin de axudalos á elección da especialidade que nun futuro inmediato queiran estudar.

O horario será a elixir entre os martes de 19.30 a 20.30 horas e os mércores de 19 a 20 horas, e contará cun máximo de 20 prazas e un mínimo de 9 por grupo para levarse a cabo. As matrículas serán aceptadas por rigorosa orde de entrega do formulario nas oficinas do Conservatorio.

O curso comezará o día 24 de abril na aula 5 do edificio para o grupo do martes, e o 2 de maio para o grupo do mércores. Rematará o 29 e o 30 de maio, respectivamente.

O prazo de matrícula, que comeza hoxe, finalizará unha vez se cubran as prazas ofertadas. Para a formalización da matrícula será preciso a presentación do formulario cuberto nas oficinas do Conservatorio, en horario de 9 a 14 e de 17 a 20 horas.

Durante o mes de maio publicaranse no taboleiro de anuncios do centro tanto as prazas dispoñibles para o curso 2012/2013 como o prazo de matrícula para efectuar dita proba de acceso ao primeiro curso de grao elemental.  A día de hoxe, 165 alumnos estudan no Conservatorio de Ribeira, no que hai un total de 16 profesores.

 


Libro no Ateneo Valle Inclán de Ribeira: o 27 de abril, "Héroes de polvo", de B. Manjón

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical