6.7.10

A Pobra do Caramiñal: o DOG recolle a licitación da segunda fase de saneamento da Ribeiriña

As obras, que custan case 700.000 euros, consistirán na instalación de un pozo de bombeo e tubaxes destinadas á recollida e transporte de augas fecais e pluviais


A Pobra, 6 de xullo de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación das actuacións da segunda fase do saneamento na Ribeiriña. Tratase de dunha actuación dentro do marco de actuacións que leva a cabo o Goberno galego para mellorar o saneamento da ría de Arousa. A Xunta de Galicia realizará unha achega económica de preto de 700.000 euros distribuídos en dúas anualidades que se corresponden co presente ano 2010 e o vindeiro 2011. Así, cabe citar que a Administración hidráulica de Galicia financia o 100% destes traballos.

O presente proxecto prevé obras centradas na recollida de augas residuais dos núcleos de Ribeiriña e O Conchido que serán transportadas mediante colectores e impulsadas ata o colector executado na primeira fase.

Traballos que se van realizar

No que se refire ás augas fecais, instalaranse 2.109 metros de lonxitude paralelos á estrada que une Padrón e Ribeira (AC-305) así como 807 metros destinados a augas pluviais. Tamén se executará un pozo de bombeo en formigón armado de 2,4 x 5 metros en planta e profundidade de 3,25 metros.

O convenio abrangue entre os seus cometidos a reposición dos servizos e pavimentos afectados polas citadas obras de saneamento. O departamento que dirixe Agustín Hernández colabora de xeito técnico e financeiro cos entes locais debido á escasa capacidade económica que teñen os concellos para asumir o orzamento destas obras. Ademais, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pretende dotar os municipios galegos das infraestruturas necesarias para fomentar o desenvolvemento social e económico, mellorando tamén a calidade de vida dos habitantes.O prazo establecido para a execución dos citados traballos de saneamento é de seis meses aproximadamente.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical