Praza de San Martiño Pinario -non confundir coa da Inmaculada-Rianxo, 6 de xullo de 2010. A Banda da Escola de Música de Rianxo participa na actividade "Clásicos á rúa" que programa a Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago. Mañá, mércores 7 de xullo, San Fermín, será o concerto de presentación a partires das dez e media da noite na praza de San Martiño Pinario (cerca da Catedral).
Os "Clásicos á rúa!" comezan a súa andaina cun concerto de presentación a cargo da Banda da EScola de Música de Rianxo. Esta formación, integrada por 50 persoas, interpretará unha selección de músicas de cine, de filmes tan coñecidos como "Foise co Vento", "Star Wars", "Mar Adentro" ou "Ben Hur", acompañada dunha montaxe audiovisual con esceas das películas interpretadas. Con este concerto iníciase o ciclo de cine clásico ao aire libre "Os Clásicos á Rúa!", no que cada xoves deste verán poderase gozar dalgunhas das mellores películas da historia do cine, cunha sorpresa que só descubrirán os que vaian ao cine alí.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario