Ribeira, 7 de xuño de 2011. O Concello de Ribeira desenvolverá este xoves 9 de xuño, por iniciativa da Unidade de Normalización Lingüística que dirixe Alicia Padín Otero, un curso multimedia dirixido á posta en valor das novas tecnoloxías para a mellora do uso do galego.
Trátase de “Ferramentas na rede”, na que os participantes obterán información sobre as ferramentas que hoxe en día están a disposición do usuario en Internet para a mellora no uso do galego, así como dar a coñecer a posibilidade e beneficios desas ferramentas (software, dicionarios, blogs, páxinas de interese...).
A acción desenvolverase de 20.30 a 22.30 horas na Aula Multimedia de Ribeira (sita na planta baixa da Confraría de Pescadores, na Avenida do Malecón). “Ferramentas na rede” desenvólvese en colaboración cos dous profesores colaboradores da Xunta de Galicia que están a impartir formación de adultos para a obtención dos títulos CELGA, e vai dirixida fundamentalmente ao seu alumnado, aínda que está aberta ao público maior de 16 anos en xeral ata completar 50 prazas.
Curtametraxe
A sesión completarase coa proxección da curtametraxe Mamasunción, dirixida por Chano Piñeiro no ano 1984, e que se converteu, logo da súa estrea, na imaxe da emigración galega e do papel da muller.
O mesmo día, en Ribeira:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario