Ventoso Mariño. Imaxe do blog Barbanza Noia Creación Ribeira, 7 de xuño de 2011. O Salón de Plenos da Casa do Concello será escenario mañá mércores, día 8 de xuño, ás 20.30 horas, da presentación do libro “As fanequeiras da ría”, de José Antonio Ventoso Mariño.
Ademais do autor participarán neste acontecemento o alcalde de da Corporación en funcións, José Luis Torres Colomer, e o concelleiro de Cultura e Festexos, Luciano Fernández Martínez.
Quen é Ventoso Mariño?
Xosé Antonio Ventoso Mariño é natural de Ribeira. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, especialista en Historia Contemporánea. Realizou estudos de Filosofía, Lingua e Literatura Hispánica, Económicas e Matemáticas. É socio fundador do Instituto de Ciencias Sociais de Galicia e é codirector da revista “Ciencias Sociais”. É un dos culpables de que Ribeira se escriba Riveira -só neste concello en toda Galicia e en toda a Lusofonía-, pois no 11 de novembro de 1984, sendo el alcalde ribeirense, aprobouse en sesión plenaria esta denominación, co informe do xa falecido e cada vez máis cuestionado cronista oficial de entón, García Bayón.
Publicou, entre outros, estes libros:
- Do mar e dos homes (poesía).
- La estructura ideológica de la iglesia gallega (1923-1936) (historia) editado pola Universidade de Santiago.
- Galicia en Terra Allea (ensaio) editado por IR INDO.
- A pesca esta no vento (novela) editado por IR INDO.
- A xente das rías (socioloxía) editado pola Deputación de A Coruña.
- As Sombras dos Mortos. Naufraxios no Cabo de Corrubedo (antropoloxía) editado pola Deputación de A Coruña.
- Pelegrins por terras de maxia (infantil viaxes) editado pola Mancomunidade Arousa Norte.
- Os Señores do Mar (etnografía) editado pola Consellería de Pesca.
- Huyen mis Sueños (novela) editado por Incipit.
- A Historia das historias de escola (contos) editado por IR INDO.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario