7.6.11

Ribeira: este xoves, 9 de xuño, Día Internacional dos Arquivos, con visita ás novas instalacións municipais

Media_httpfarm3static_bzprh

O Arquivo municipal está no terceiro andar deste edificio


Ribeira, 7 de xuño de 2011. Este xoves 9 de xuño é o Día Internacional dos Arquivos, unha celebración á que se quere sumar o Concello coa programación dunha actividade na que se amosará o novo local do Arquivo Municipal (sito no terceiro e no carto andar da nova sede da Policía Local) a responsables dos distintos centros educativos do municipio. 

O obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer o servizo e os seus plans de actuacións aos centros educativos para poder establecer futuras visitas dos estudantes, así como fomentar posibles actuacións en común aproveitando as posibilidades do Patrimonio Documental de Ribeira. 

Con tal motivo, desde a Corporación Municipal convidouse aos centros educativos a que participen coa presenza de persoal docente para facer un percorrido polo novo local acompañados polo arquiveiro municipal, José Antonio Otero Sobrido. Esta acción está programada para as 12 horas do mediodía do xoves 9 de xuño e, no transcurso da mesma, váiselles explicar aos mestres congregados as condicións do local e equipamento, a documentación que xa se trasladou e o plan de futuro para a dotación e os servizos que se pretenden ofrecer. 

Documentos singulares

Ademais, expoñeráselles unha mostra de documentos significativos e singulares do Arquivo e outra de publicacións editadas que se basearon total ou parcialmente na documentación custodiada no Arquivo. Tamén se lerá a “Declaración Universal dos Arquivos” aprobada pola Asemblea Xeral do  Consello Internacional de Arquivos reunida en Oslo en setembro de 2010. 

Esta acción adscríbese ao calendario de actos programados pola Xunta de Galicia, Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, con motivo do Día Internacional dos Arquivos. 

O día anterior:

Este mércores 8, Día Mundial dos Océanos. Xornada de portas abertas ao "Irmáns García Nodal"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical