14.9.10

Noia: o PSdeG-PSOE aplaude a "firmeza do Goberno de España ao defender a limpeza da ría" e valora "a rectificación de Portos"

O Viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento, Lage Tuñas, cree que “estamos nun momento moi importante para darlle o impulso definitivo ao proxecto de Costas. Despois de 40 anos Noia vai poder aproveitar esta oportunidade para potenciar a economía, a través do marisqueo e o turismo”.

Os socialistas queren que Noia sexa referencia marisqueira e turística

Noia.14 de setembro de 2010.-O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage valorou no día de hoxe a rectificación de Portos de Galicia sobre o proxecto do Goberno de España, para a limpeza e rexeneración da ría de Noia e "a firme decisión do Goberno de España de seguir adiante co proxecto de Costas para Noia".

Lage Tuñas enxalzou “a firmeza do goberno de España ao defender a limpeza da ría e o proxecto de Costas, pois dende o PSdeG situamos a limpeza e a rexeneración da ría de Noia como un obxectivo irrenunciable, e agora estamos conseguindo dar pasos importantes para que Noia recupere o seu esplendor, mellore en benestar económico e sexa unha referencia marisqueira e turística”.

Lage Tuñas afirma que “a firmeza do Goberno de España dándolle un impulso definitivo ao proxecto de limpeza e rexeneración da ría vai permitir que Noia aproveite esta oportunidade para potenciar a economía, a través do marisqueo e o turismo" e considera que “este proxecto vai cambiar Noia, é a nosa oportunidade e o goberno de España vai invertir máis de 3 millóns de euros para comezar a limpeza e rexeneración da ría”.


Abrir de novo Noia ao mar

O deputado do PSdeG tamén louvou que "Portos de Galicia deixe de poñer paus nas rodas. Equivocáronse pero a rectificación é ben recibida e evita que o Estado teña que facer a reversión dos terreos. Noia ten que aproveitar esta oportunidade de investimento por parte do Estado, nunha actuación que suporá o primeiro paso para abrir plenamente Noia ao mar, reforzando o potencial marisqueiro, coa recuperación de zonas improductivas e incrementando as posibilidades do turismo”.

Lage Tuñas defende o traballo que está facendo o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero e o grupo municipal socialista “xa que están traballando moito e ben, con obxectivos claros como é a limpeza da ría, e cun fin último, os intereses xerais das noiesas e noieses. Teríamos aforrado moitos esforzos e xestións ao máis alto nivelsi outros grupos non se tiveran adicado a poñer paus nas rodas intentando evitar que outras administraccións fagan investimentos en Noia.”


Intervención sostible, di o alcalde


En novas declaracións, o alcalde de Noia, o tamén socialista Rafael García Guerrero, dixo que "para nós era a obra mais importante do presente mandato. E foi unha longa travesía polo deserto: a xente apoiaba claramente a realización da obra pero con certa incredulidade e co medo á decepción habitual de que se perdera. Foron máis de tres anos de duras xestións, pero pagou a pena".

O rexidor noiés asegura que esta obra "vai mellorar a Ría dun xeito inmediato, pero a gran mellora notarase en dous ou tres anos, cando as correntes volvan a seu curso
natural e a Ría se vaia autorrexenerando. Trátase dunha intervención sostible, que pretende voltar a Ría ao seu estado orixinal".


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical