14.9.10

Boiro: o Concello quere construír na Praza de Galicia un dos parques infantís máis grandes da comarca

Boiro, 14 de setembro de 2010. Durante o ano 2010, o Concello de Boiro fixo "un importante esforzo de xestión para a mellora dos parques infantís do Concello", explicou hoxe Mariano Muñiz Blanco, concelleiro delegado de Parques e Xardíns. O edil detallou as actuacións máis relevantes executadas e anunciou a construción na Praza de Galicia dun dos parques infantís máis grandes de Barbanza, con 400 metros cuadrados de xogos para cativos de 0 a 12 anos.

Así, un convenio con Portos de Galicia para a mellora dos parques de Escarabote e Sabuqueiro acadou un importe total de algo máis de 52.000 €, sen custo para as arcas municipais. Na actualidade están en execución os novos parques infantís do Saltiño e Cespón que supoñen un investimento superior ós 100.000 €, xestionados a cargo de plans da Deputación. Neste caso a aportación municipal, é inferiór ó 3% do custo total da obra.


No caso do parque do Saltiño, Mariano Muñiz indica que "se fará unha actuación singular, sendo o primeiro da Comarca que conte cun chan mixto de pavemento continuo de caucho, e céspede artificial, áreas de xogos diferenciadas para menores de 6 anos, e para nenos de 6 a 12 anos, sendo a área de xogo dos nenos pequenos tematizada en base o popular personaxe de debuxos animados Pocoyo".

En relación coas actuación singulares, a través dun programa específico da Xunta de Galicia estanse a xestionar subvencións para a renovación do parque da Plaza de Galicia, o de máis uso do Concello. Con este parque, o investimento total xestionado, superaría os 230.000 €, sendo o esforzo económico do concello en torno ó 15%, gracias ó traballo realizado a través da implicación de diversos organismos supramunicipais. O parque da Plaza de Galicia, con 400 m2 previstos de área de xogos, vai ser uns dos máis grandes da comarca adicado a infancia, con xogos específicos para bebés (0-3 anos), nenos pequenos (3-8 anos) e nenos no último tramo infantil (8-12 anos), incluíndo xogos específicos para nenos con discapacidades ou mobilidade reducida.

Xogos de Parque Europa

Os xogos serán de última xeración, tematizados en base ás aventuras do bosque e de deseño novedoso. Estos xogos foron instalados recentemente no parque Europa, o parque lúdico máis grande, promovido pola Comunidade de Madrid.

No que atinxe ao rural, realizáronse actuacións de mellora en Cariño e no Chazo, con novos espazos de xogo, e está prevista unha actuación de mellora en Noceda antes do remate do ano 2010.

"O Concello é  consciente de que case ó 11% da poboación boirense son menores de 10 anos, e iso implica que case o 40% da poboación teña nenos a cargo directa ou indirectamente, polo que as necesidades de espazos específicos para a infancia debe de ser unha prioridade municipal", asegurou Muñiz.

O Concello é coñecedor de áreas, tanto urbanas como rurais, que requiren actuacións de mellora ou equipamento, como poden ser as de Barraña ou A Cachada, e prometen facer "un importante esforzo pola súa mellora". Teñen previsto rematar o ano con algunha actuación puntual en Barraña, que conta cunha importante afluencia de público tanto na época estival, como no resto o ano, debido á proximidade dos centros de ensino.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical