14.9.10

Cinema: buscan figurantes para gravar en Ribeira "El legado celta". Homes con pelo longo e barba e mulleres con melenas e pelo sen tinxir


Buscan homes con pelo longo e barba. Pode que a tatuaxe haxa que tapala!

Ribeira, 14 de setembro de 2010. Alén Filmes está apurando a contratación de figurantes para o documental "El legado celta", para o que se fixo xa un cásting o sábado pasado. Están buscando homes con pelo longo e barba e mulleres con melenas e co pelo sen tinxir.

Calquera interesado en participar deberá enviar un correo electrónico a alenfilmes@alenfilmes.es con fotos súas actuales (non vale a de cando estabas delgado ou cando collestes aquel bronceado que daba gusto mirarche) e cos datos de contacto para poder comentarlles as condicións.

Condicións aproximadas

As persoas escollidas irán contratadas no réxime de artistas (figuración) e cobrarán 30 euros líquidos por xornada. En principio só sería un día de gravación por persoa. Os días de gravación serán do venres 17 de setembro ao martes 24 (cada persoa escollida iría só un día destes). As gravacións serán na área de Ribeira.

Calquera dúbida ou máis información, poñédevos en contacto con María Domínguez, produtora de Alén Filmes, nos teléfonos 637 44 45 16 ou 986 442 994.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical