- Inclúe servizo de ludoteca para nenas e nenos moitos días nos que abre o comercio
- Tamén haberá animación de rúa o sábado 22 e o sábado 29, con pallasos e mascotas infantís
Rianxo, 21 de decembro de 2012. Estes días presentouse o programa "Ludonadal: regala comercio local", unha proposta da concellería de Comercio coa que se pretende favorecer as compras no comercio local. As iniciativas que conforman está proposta son un servizo de ludoteca para nenos e nenas e animación de rúa, para todos os públicos.
LUDOTECA: Mentras realizas as túas compras no comercio local, poderás deixar aos nenos e nenas entreténdose na Ludonadal, onde realizarán manualidades, contos, xogos e moitas outras sorpresas. O lugar onde se desenvolverán as actividades será nos baixos da Biblioteca Municipal Castelao, na Praza de Rafael Dieste, os días 24, 26, 27, 28, 29 e 31 de decembro e o 2, 3, 4 e 5 de xaneiro en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 (agás o 24 e 31 que pecharás as 19:30 e o 5 de xaneiro que permanecerá pechado pola tarde).
As inscricións realizaránse na propia ludoteca e poderáse asistir un máximo de dúas horas ao día. As actividades está destinada a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
ANIMACIÓN DE RÚA: As túas compras no Comercio Local resultarán máis amenas coa presenza de pallasos e mascotas infantís que estarán animando as rúas e prazas de Rianxo. Poderás saudalos e fotografíarte con eles. Serán os sábados 22 e sábado 29, pola rúas e prazas de Rianxo.
A Pobra: Manuel Ayaso e Alfonso Costa colgan na casa da cultura a súa expo "Entre Dos". Foto do martes 18 de decembro. twitter.com/Certo/status/2…
— Certo (@Certo) December 21, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario