5.6.12

Porto do Son: a praia de Queiruga acolle este venres 8 o acto central da limpeza de praias de Adega polo Día dos Océanos


Cfcddijj


8 de xuño, venres: Limpando praias no día dos Océanos

Numerosas entidades de toda Galiza únense para unha Limpeza Simultánea de Praias para concienciar á sociedade ante o problema da contaminación mariña

O lixo mariño é unha das grandes ameazas nos océanos de todo o mundo. Miles de toneladas de plástico rematan cada día nos mares, afectando á flora e fauna mariña. Galiza conta con 1500 km de costa que anualmente reciben toneladas de residuos. Alén do impacto visual do lixo nas praias, este supón un grave perigo para a flora e a fauna mariñas; nomeadamente para algunhas especies ameazadas como cetáceos, tartarugas ou aves, xa que inxiren plásticos confundíndoos con alimento. Tamén poden acabar enredados en bolsas, sacos ou redes que lles provocan graves lesións, dificultades para moverse e, finalmente a morte.

Outro dos problemas é que o plástico acaba desfacéndose en pequenos anacos que son inxeridos por peixes que poden rematar nos nosos pratos. Isto fai que os compoñentes tóxicos e perigosos dos plásticos pasen aos seres humanos, afectando directamente á nosa saúde.

A mellor maneira de actuar ante este problema é reducir o consumo diario de plástico, reutilizar o máximo posible e reciclar. As accións polo medio ambiente teñen máis efecto cando se realizan día a día, e cando conseguen cambiar conciencias.

Pero tamén podemos pasar á acción directa, e mobilizarnos para crear unha masa crítica e facérmonos escoitar. Isto é o que pretendemos no día mundial dos océanos, unha data sinalada na que máis de 20 entidades se mobilizarán en todo o país para limpar as nosas praias.


Queiruga é unha das espectaculares praias de Porto do Son

Baixo o lema Únete e limpa a túa praia! ADEGA vén de convocar a entidades das tres provincias costeiras que farán unha limpeza simultánea este venres 8 de xuño. Centros de ensino público, institutos, universidades, escolas de surf, centros de mergullo, asociacións culturais, colectivos ecoloxistas en máis de 20 concellos dende Nigrán a Ribadeo mobilizarán a grandes e pequenos/as pola defensa dos océanos.

A limpeza de praias debe facerse de xeito manual, respectando os ecosistemas dunares, e tendo especial coidado coa fauna e flora que nelas habita. As limpezas con maquinaria pesada nas praias, limpezas nada selectivas que retiran todo canto atopan, ameazan a supervivencia de moitos organismos. É preciso pois, entender que as praias son ecosistemas vivos, e que o argazo non é lixo, senón alimento para moitas especies que viven nas praias e das que outros se alimentan.

ADEGA edita para esta actividade un protocolo de actuación para unha limpeza de praias “ecolóxica”, que se repartirá entre os participantes da actividade.

Máis info: Lucía Parente (669 806 908): lucia@adega.info

Mapa das ubicacións: http://adega.info/info/090121joomla/novas-de-ea/769-limpeza-simultanea-de-praias-no-dia-mundial-dos-oceanos-2012

Concello


Concello


Praia

s
Colectivo

A Coruña

Canide

Oficina de Medio Ambiente-UDC

A Coruña

Praia das Lapas

ADEGA -Coruña

Arteixo

Praia de Alba

Asoc. Cult. Monte da Estrela e ADEGA Coruña

Barreiros

Praia Area Longa

ADEGA - A Mariña
Colectivo Cultural Ollomao

Burela

O Perdouro

Colectivo Cultural Buril

Burela

O Perdouro

IES Perdouro

Camelle

Praia de Camelle

CEIP de Camelle

Carnota

Porto de Quilmas

Cooperativa Raínha Lupa
Plataforma pola defensa do Patrimonio de Quilmas
ADEGA-Costa da Morte

Ferrol

Caranza

ADEGA-Ferrolterra

Fisterra

Fisterra

IES Fin do Camiño

Foz

Praia os Alemáns

Mariña Patrimonio, Pomba do Arco e Karrikanta.

Muxía

Praia dos Muíños

Programa de voluntariado do concello de Muxía
CEIP Os Muíños

Nigrán

Praia América

CEMMA

Nigrán

Praia de Patos

Prado Surf Escola

Ortigueira

Praia S. Antón de Espasante

Asoc. cultural Bangalúas

Poio

Praia de Lourido

ADEGA-Pontevedra

Porto do Son

Praia de Queiruga

ADEGA-Nacional (acto central)

Ribadeo

Areal de Rinlo

Asociación Rinlo Bai

San Xenxo

Area de Agra

C.E.I.P. Magaláns-Dorrón

Valdoviño

Praia de Pantín

Pantin Surf Camp

Vigo

Marina Dávila

Buceo Balea

Vilanova de Arousa

O Terrón

IES A Basella

Viveiro

Praia de covas

A Estruga
IES María Sarmiento

Laxe

Praia de Traba

IES Maximino Romero de Lema


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical