- Antes era un camiño de pedras e terra, sendeiro entre o colexio Galaxia e a casa da Xuventude. A renovación do vieiro costou case 50.000 euros
Ribeira, 5 de xuño de 2012.- Os veciños que viven ou adoitan transitar polo barrio de Abesadas xa poden disfrutar dunha renovada vía que pon en contacto a avenida da Constitución co parque. En virtude do proxecto executado, o camiño de terra e pedras que existía no lugar, descorrendo entre o Colexio Galaxia e a Casa da Xuventude, foi ancheado nalgún tramo e substituído na súa totalidade por un moderno pavimento que, aínda que de formigón impreso, simula a madeira e, amén da melloría estética, facilita substancialmente o tránsito peonil. Ademais, procedeuse a instalar unha nova rede de pluviais e ao reforzamento da rede de auga potable xa existente. A obra foi realizada por Obras y Viales de Galicia, S.L. (Oviga) por un prezo de 46.604 euros. Adscribiuse ao canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo municipal de auga.
Ribeira: Ámbar xa conta cun piso tutelado cedido polo Concello post.ly/7dlvR
— Certo (@Certo) June 5, 2012
Ribeira: informa o Concello que o Día do Deporte de Ribeira deste sábado 9 de xuño aprázase ata o próximo 16 de xuño por mal tempo previsto.
— Certo (@Certo) June 5, 2012
Sobre o topónimo *Riveira ir.gl/d8c560
— Mestra (@profe_galego) June 4, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario