[[posterous-content:pid___0]]
Boiro, 5 de xuño de 2012. Galicia conta con nove praias certificadas co distintivo "Q" de calidade turística, dúas máis que en 2011, ao sumárense as praias de Os Castros e As Catedrais, ambas no concello de Ribadeo. Boiro volve repetir con tres praias distinguidas: a praia da Retorta, a praia de Mañóns e mais a de Carragueiros.
Ademais da secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, ao acto, que estivo presidido polo ministro de Industria, Enerxía e Turismo, José Manuel Soria, e mais pola secretaria de Estado para o Turismo, Isabel Borrego e o presidente do ICTE, Miguel Mirones, asistiron por parte de Galicia os rexedores municipais de Boiro e Foz -ambos do Partido Popular- e mais o concelleiro de Seguridade Cidadá de Viveiro, do Psoe.
quepasanacosta.com/?p=16036Autovía da Costa da Morte: morte e soterramento de máis patrimonio? vía@quepasanacosta
— Certo (@Certo) June 5, 2012
milenio.com/cdb/doc/notici…O Borbón que reina en España, premio Atila polo seu "respeto" polo medio ambiente. Sobre todo elefantes e osos!
— Certo (@Certo) June 5, 2012
Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario