Ribeira, 5 de xuño de 2012.- 130 persoas maiores do municipio tinerfeño de Adeje tiveron ocasión esta tarde de compartir unhas horas coa cidadanía de Ribeira e disfrutar dunha serie de actos organizados en homenaxe a súa visita.
Así, a primeira hora da tarde, os viaxeiros do concello canario (que está irmandado con Ribeira dende 1991) coñeceron a Sala Museo Municipal da man da responsable da instalación, Pilar Casas. Acto seguido, desprazáronse ata o Auditorio Municipal para asistir a unha actuación a cargo do grupo de cantareiras Aires do Barbanza, da Asociación de Amas de Casa, que espertou o aplauso unánime do colectivo tinerfeño.
Para finalizar, a expedición insular foi recibida nese mesmo escenario polo alcalde Manuel Ruiz, quen resaltou que Ribeira e Adeje están, máis que separadas, unidas polo océano Atlántico. “Cuando viene alguien de Adeje es como si nos estuviera visitando un amigo o un familiar y, como es lógico, queremos enseñarle lo mejor que tenemos”, declarou. Ao fío do cal engadiu que entre o mellor que hai en Ribeira figura o colectivo de mulleres da Asociación de Amas de Casa, que sempre está disposta a colaborar en todo o que se lle propón.
Pola súa parte, a concelleira tinerfeña de Atención aos Maiores e á Discapacidade, Carmen Rosa González, que se subiu ao escenario do Auditorio xunto con Juan Navarro, presidente da Asociación de Maiores de Adeje, salientou os magníficos vínculos que unen ambos municipios despois de 20 anos de irmanamento.
O acto rematou con intercambio de agasallos. Ribeira foi obsequiada cun bordado típico canario tecido por maiores do municipio de Adeje.
Pode que tamén lle interese:
- Ribeira: os mércores de xuño, bebés felices
- Ribeira: listo o camiño ao colexio Galaxia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario