5.6.12

Noia: o claustro do Concello acubilla unha mostra fotográfica sobre a restauración do balandro Joaquín Vieta

  • O barco estase a empregar para facer turismo mariñeiro e pódese alugar entre xuño e outubro

Noia, 5 de xuño de 2012. Xa se pode contemplar no claustro do Concello de Noia unha mostra composta por corenta imaxes na que se observa o proceso de restauración do vello balandro Joaquín Vieta, construído en 1916 e restaurado hai apenas uns anos pola asociación do mesmo nome que a embarcación.Os interesados poden achegarse a ver as fotos, realizadas por Xan Creo e Lino Pazos, ata o sábado 30 de xuño. A intención desta exposición é poñer de relevo a necesidade de recuperar o patrimonio marítimo, sobre todo nun lugar con tanta tradición mariñeira e porteña como Noia.


O balandro Joaquín Vieta está a empregarse agora mesmo como embarcación de recreo para facer turismo mariñeiro e pode alugarse. Toda a información nesta ligazón.




 

Buceando pola rede atopamos esta letra adicada a este histórico barco:

O Vieta? Aquí está.
(Pandeirada).
_____________________
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá…
O Vieta, O Vieta aquí está.
O Vieta, O Vieta aquí está.
…………….
Subamos a bordo,
embarquemos todo,
arriemos amarras,
imos a zarpar.

Icemos os foques,
halemos as vergas,
cacemos escotas,
imos velear.
……………
Anda Xan ,ponte ao timón,
veña, dalle todo a estribor,
agora un pouquiño a babor…
O Bieta xa está a foular.
O Bieta xa está a foular…
……………
Empanada de millo,
un chopo de viño,
un pouco chourizo,
imos merendar.

Cun pouco de caña,
fagamos queimada.
Arriba esas cuncas,
imos a brindar.
………………
Xa o ventiño está a soprar,
as velas están a portar,
o balandro está a escorar…
O Vieta navega a rabiar.
O Vieta navega a rabiar.
……………………
A fil de roda,
a orellas de burro,
imos de aleta
e tamén do través.

A toda empopada
damos virada,
bebemos un grolo
e a cantar outra vez.
……………….
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá
La lalá, lalala lalá…
O Vieta, O Vieta aquí vai.
O Vieta, O Vieta aquí vai.
____________
Harry White ( A drunken sailor).





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical