Ribeira, 25 de xuño de 2012. O Psoe de Ribeira denunciou esta fin de semana unhas verteduras na praia da Ameixida. Tiveron coñecemento delas a través dunha denuncia dos veciños deste areal. As verteduras, aparentemente de augas residuais, van directamente á praia, coas lóxicas molestias dos bañistas que fan uso deste espazo de lecer. O PS-de-G de Ribeira sinala que nos últimos días "observamos satisfacción no alcalde, o señor Ruiz Rivas, que no nome do Concello de Ribeira recibiu o maior número de bandeiras azuis da bisbarra do Barbanza, pero desgrazadamente, feitos como o denunciado nesta praia veñen escurecer tal merecemento, pois amosa unha clara deixadez no mantemento das nosas praias en pleno inicio da tempada estival".
Os socialistas instan ao alcalde a que arranxe "coa maior dilixencia e brevidade posible" estas verteduras incontroladas que se observan con nitidez nas imaxes adxuntas que fixeron os da agrupación local socialista ribeirense.
Os socialistas instan ao alcalde a que arranxe "coa maior dilixencia e brevidade posible" estas verteduras incontroladas que se observan con nitidez nas imaxes adxuntas que fixeron os da agrupación local socialista ribeirense.
Ribeira: xa está en vigor o novo trazado circulatorio de Abesadas post.ly/7xupy
— Certo (@Certo) June 25, 2012
Ribeira: así foi a "SanXoandeirada" interxeneracional post.ly/7xuhw
— Certo (@Certo) June 25, 2012
Ribeira: "Panos brancos contra a droga" programou rap, grafitti e breakdance para concienciar á mocidade post.ly/7xuZB
— Certo (@Certo) June 25, 2012
Ribeira: Verdegaia alega contra a ordenanza de convivencia por "innecesaria, ilegal e inxusta" post.ly/7xrtJ Imitando Vilagarcía?
— Certo (@Certo) June 25, 2012
#GDSC: 2ª foto desde o Mirador da Pedra da Rá en Riveira (A Coruña) con las dunas y la Playa de O Vilar en Corrubedo. twitter.com/jcmaxi/status/…
— José Rodriguez Maxi (@jcmaxi) June 23, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario