25.6.12

Noia: "O tendedeiro", de Serafín Marcos, dará vida ao Cantón na mañá do domingo 1 de xullo


Noia, 25 de xuño de 2012. A obra “O Tendedeiro”, unha instalación de Serafín Marcos que se levará a cabo mediante un happening, no que poden participar todas as persoas que o desexen, terá lugar o domingo 1 de xullo na Praza do Cantón de Noia de 9:00  a 15:00 h.


“ o tendedeiro”

A praza convértese nun tendedeiro público. Rúas vivas coas tarefas cotiáns, nas que participan os veciños activa  e pasivamente. Traen a roupa para colgala a secar e gozan da estética dun feito cotián desterrado das rúas. As tarefas de cotío como elemento de socialización. unha obra social feita polos veciños cos elementos persoais máis íntimos e con aqueles cos que se presentan á sociedade e que falan da súa personalidade.

Esta obra fala de franqueza, sinceridade, acollemento, confianza. Fala de compartir, de recibir coa porta aberta.

argumento

“Unha atarefada comunidade de veciños engalana as rúas para recibirnos. Sen tempo para o ocio, faino coa labor diaria de tender a roupa a secar. Nun acto de franqueza e sinceridade, coas súas propias roupas móstranse tal e como son exterior e internamente, expoñendo a súa cara máis visible coa roupa externa, e o seu interior coa roupa máis íntima.

Converten en ledicia o tedio da tarefa diaria e apenas chegamos, e sen vernos, xa nos coñecemos.

Unha obra de xente cercana disposta a compartir.”


Pode que tamén lle interese:






Cartel_de_o_tendedeiro

sobre a obra.docx Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical