25.6.12

Dodro: nova excursión de "Amodiño" e clausura do curso de informática para maiores de 50

Dodro, 25 de xuño de 2012. Os dependentes de Dodro e os seus coidadores disfrutaron dunha nova excursión dentro do programa "Amodiño Dodro". Nesta ocasión visitaron a cidade de Vigo onde na praia de Samil realizaron exercicios dirixidos polo monitor deportivo do Concello, visitaron a cidade cun recorrido turístico no autobús e disfrutaron das vistas dende O Castro.

Despois realizaron un paseo en catamarán ata Cangas onde xantaron, para logo realizar unha visita guiada ao Museo Massó en Bueu. De regreso a Dodro deron un paseo por Marín.

Na excursión estiveron acompañados por 6 persoas-monitores que lles axudaron en todo momento para que se sentiran máis cómodos e lles resultaran máis fáciles os accesos.

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade  de Dodro valora moi positivamente este programa pioneiro que se puxo en marcha en setembro de 2011 para persoas dependentes, con EVO,  problemas de mobilidade e os seus acompañantes, e que está tendo unha alta participación e acollemento entre os usuarios dende que se puxo en marcha.

Clausurado curso de informática

Por outra banda, o alcalde Valentin Alfonsín clausurou esta semana pasada o segundo dos cursos de Informática para maiores de 50 anos organizados pola Concellería de Servizos Sociais e Igualdade.

Aos 12 alumnos que remataron satisfactoriamente o curso recibiron cadanseu diploma acreditativo.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical