Ribeira, 25 de xuño de 2012. Os viandantes que este mediodía circulaban pola rúa peonil de Galicia no centro de Santa Uxía atopáronse con algo máis de animación do que é habitual os luns pola mañá, grazas ao grupo de pandereteiras O Rueiro, pertencente á Sociedad Hijos de Palmeira da referida parroquia. A decena de persoas que compoñen esta formación, que está dirixida por Conchita Blanco, fixeron as delicias de todos os transeúntes cunha actuación musical que constitúe unha aportación da Sociedad ao programa do Xuño da Cultura e as Artes. Esta institución que preside Manuel Emilio Pérez Outeiral pretende seguir potenciando e incentivando a aprendizaxe musical entre os seus socios, ofertando outros novos cursos formativos nas disciplinas de gaitas e percusión. O pasado sábado, na mesma rúa:
Sanxoandeirada interxeneracional: así foi
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario