11.8.11

Boiro: magos, equilibristas e humoristas do RTA entretiveron de noite a numeroso público

Fotos e texto de Alén Pérez

Boiro, 11 de agosto de 2011. Antonte pola noite, fronte á casa da cultura "Ramón Martínez" de Boiro, tivo lugar a actuación de magos,equilibristas e humoristas a cargo do grupo galego RTA.

Un dos humoristas precisou axuda duns voluntarios e achegáronse César, Carlos, Raúl e Mikel. O que máis chocou e fixo rir ao público foi a actuación de "Panoli", personaxe ao que vacilaban constantemente, sacándolle os pantalóns, a carteira, as chaves e mesmo o móbil.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical