11.8.11

Rianxo: esta fin de semana, concerto da banda de As Pontes o sábado e Festa do Mexillón sábado e domingo

Rianxo, 11 de agosto de 2011. Dende a Escola de Música de Rianxo comprácense en convidar a todo o mundo ao 4º concerto do VII Ciclo de Bandas:
  • CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE AS PONTES
  • DÍA: sábado 13 de agosto
  • HORA: 21.00 h
  • LUGAR: Praza Rafael Dieste (en caso de choiva será no Auditorio)
Festa do Mexillón

Como se indica no cartel, haberá numerosas actividades, algunhas sorprendentes, como un bolo preñao (tradición asturiana) que queren facer entrar no Libro Guinness dos Récords -55 metros-. Tamén os que o desexen poderán facer a ruta do mexillón dende Rianxo e ver como se cultiva este bivalvo na Ría de Arousa.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical