- De cinco pasan a once traballadoras familiares, grazas a unha subvención da Consellería de Traballo e Benestar
- Atenderán a 102 usuarios e farán un total de 4.640 horas cada mes
Ribeira, 10 de agosto de 2011.- A plantilla do Servizo Municipal de Axuda no Fogar, entidade dependente da Consellería de Servizos Sociais e Promoción Social, ven de ser ampliada tras a contratación de seis novas traballadoras familiares con cualificación específica nesta área. Deste xeito, o equipo integrante do Programa de Axuda no Fogar pasa a estar integrado por 11 persoas, coordinadas pola traballadora social María Jesús López Domínguez, que reciben ademais apoio externo a través dunha empresa especializada.
O incremento de plantilla foi posible tras a recepción dunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia para a contratación de traballadores desempregados en colaboración coas entidades locais.
O servizo de axuda no fogar ten como obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar.
Existen dúas modalidades de atención: a aquelas persoas que teñen recoñecido o dereito o servizo de axuda no fogar polo sistema de atención a dependencia (SAF Dependencia) e o servizo de atención a persoas maiores, unidades familiares, persoas con diversidade funcional ou enfermos crónicos, sen recoñecemento do grao e nivel de dependencia ou en tramite de telo, que carezan de apoios no seu domicilio e que na súa situación persoal presenten disfuncións que lles limite a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, precisando apoios para evitar deterioros irreversibles e procurar o seu mantemento no contorno natural mentres isto sexa posible e conveniente. (SAF Libre Concorrencia)
En Ribeira hai 57 casos de axuda no fogar por libre concorrencia, con intensidades que oscilan entre as 3 horas semanais ata as 10 horas. Polo sistema de dependencia, hai 28 usuarios, con grado de atención que oscila entre as 15 horas e as 90 horas á semana.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario