11.8.11

Porto do Son: descobren en Corzo un novo petróglifo dun cervo macho, dentro das Xornadas de Historia e Cultura

Texto e fotos: Paco do Martelo

Porto do Son, 11 de agosto de 2011. Dentro dunha visita guiada aos petróglifos de Corzo, na parroquia de Caamaño de Porto do Son, atopouse un novo petróglifo, dun pequeno cervo, nunha rocha medio esbandallada. Isto sucedeu no segundo día das Xornadas de Historia e Cultura deste concello. Nas imaxes, a foto orixinal e outra retocada cun círculo vermello para aprezar o cérvido.

Conferencias
"Petróglifos e iconografía: outro xeito de achegarse á arte rupestre" foi a impartida por
Xoán Guitián Rivera e Jorge Guitián Castromil (pai e fillo). Historiadores da Arte. En Certo falamos moitas veces do fillo, moi vinculado á zona de Barbanza, onde pasou parte dos veráns da infancia, e arquicoñecido polo seu blog gastronómico, co que gañou o premio "Álvaro Cunqueiro" no seu día, "Diario del Gourmet de Provincias y el perro gastrónomo".

"Arte rupestre e Porto do Son: Achegas recentes" foi a achega que realizou Ramón Fábregas Valcarce, catedrático de Prehistoria da USC. Proxectouse un vídeo titulado "Petróglifos: testemuñas do tempo" de Federico de la Peña. E o conservador do Museo de Pontevedra, Antonio de la Peña Santos falou do estado actual dos petróglifos galegos.

Notas ao chou: PROHIBIDO FACER FOTOS DOS PETRÓGLIFOS!!!!
.

  • Na última década Porto do Son pasou a ser unha referencia na arte rupestre.
  • A dotación de cornamentas descomunais nos cérvidos: era intención do autor chamar a nosa atención e sinalar ademais que non é un cérvido calquera, senón que é un macho.
  • A "marca galega" vende e por iso moitos partidos políticos e empresas usan iconografías desta arte para dicir que son máis galegos que ninguén.
  • Só se atopan petróglifos en paredes graníticas: en lousa e outros tipos de rochas non se atopan.
  • Unha curiosidade é que na zona de Santiago están aparecendo agora os primeiros petróglifos.
  • De non se publicar nada na prensa sobre a arte rupestre no anos 90, agora sae unha noticia cada 3 días.
  • Como a Administración non fai o seu traballo, téñeno que facer "catro pringados queimados".
  • Patrimonio no Medio, foi un intento do bipartito no ano 2006 de facer algo máis por este tipo de arte, pero durou o que durou o bipartito.
  • Para a Consellería de Cultura a arte rupestre desapareceu e só fala de castros e da Torre de Hércules.
  • O tripartito, nun Decreto Regulador da Actividade Arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia prohíbe tomar fotos dos petróglifos.
  • A lei do Patrimonio cultural de Galicia aprobada no ano 1995, por unanimidade do Parlamento de Galicia, non quixo recoller ningunha suxestión dos entendidos na materia e a día de hoxe, segue estando prohibido tomar fotos deles.
  • A día de hoxe non se fixo un Catalogo Oficial do Arte Rupestre e os catálogos que hai foron feitos por particulares.

Un día máis a sensación coa que sae un das conferenciaS é que os políticos para o único que valen e para vivir sen pegar "pancada". Xerardo Agrafoxo foi o primeiro que se interesou pola arte rupestre no Barbanza co seu libro "Prehistoria e Arqueoloxía da Terra do Barbanza". Manuel Mariño tamén fixo un pequeno un pequeno traballo: "Os Petróglifos de Porto do Son".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical