11.8.11

Ribeira: charlas nas parroquias sobre sexualidade na vellez, do 11 ao 18 de agosto

Sexoloxa_terceira_idade

  • A primeira é hoxe en Palmeira, ás oito da tarde. Vainas impartir todas Penélope Alonso, psicóloga da Sociedade Española de Sexoloxía
  • Pode que o ciclo continúe en setembro

Ribeira, 11 de agosto de 2011. – O Centro de Información á Muller (CIM) de Riveira vai a impulsar a partir de hoxe,  xoves, unha novidosa iniciativa consistente no desenvolvemento dun ciclo de conferencias titulado “A Sexualidade nas Persoas Maiores”. É unha actividade do Servizo de Atención Sociolóxico dependente do CIM. 

Con estas charlas, o que pretende a Concellería Igualdade é propiciar entre a cidadanía e en especial entre as persoas maiores unha aproximación ás diferenzas que poden ir aparecendo ao longo dos anos na sexualidade das persoas, de xeito que cada home e cada muller poida vivir a súa sexualidade de xeito positivo e agradable con independencia da súa idade. 

A primeira charla será  impartida este xoves 11 de agosto, ás 20 horas, na sede da Sociedade Hijos de Palmeira. O 17 de agosto terá lugar no Centro Social Santa Uxía, tamén ás 20 horas; mentres que o 18 de agosto celebrarase á mesma hora na Casa da Cultura de Castiñeiras. 

As previsións do CIM son seguir dando estas charlas en outras parroquias do municipio a partir da metade do mes de setembro. O acceso é gratuíto. 

As conferencias correrán  á cargo de Penélope Alonso, psicóloga especialista en sexoloxía pertencente á Asociación Española de Sexoloxía. 

O Servizo de Atención Sexolóxico no que se incardina este ciclo é unha acción de carácter gratuíto que está dirixido tanto a persoas xóvenes como adultas e da terceira idade. 

Máis información no teléfono 981 874 131 ou 981 873 409.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical