- Participaron arredor de trinta cans
Ribeira, 11 de xuño de 2012.- O pasado sábado 9 de xuño tivo lugar en Ribeira unha proba de agility puntuable para o Campionato de España. A acción, que forma parte da programación de Encanínate e do Xuño da Cultura e as Artes, celebrouse no campo de herba natural da Fieiteira, baixo a presenza de numerosos espectadores (entre eles o concelleiro de Deportes Juan Luis Martínez) que quixeron contemplar o desenrolo deste atractivo deporte, no que os cans participantes, baixo a condución dos seus guías, deben superar unha serie de obstáculos co fin de poñer en evidencia a súa intelixencia, obediencia, concentración, sociabilidade e axilidade.
De entre a trintena de cans que tomaron parte na proba, os gañadores por categorías foron os seguintes:Grado 1-S1º - Dagga co guía Iago Sánchez Grado 1-L1º - Daxa co guía Jorge Ramos Salinas Grado 2-S-M1º - Tris coa guía Rocío Hermelo Martínez Grado 2-L1º - Becho co guía Alejandro Piñeiro. Grado 3-S1º - Cleo coa guía Mª Carmen Antequera Grado 3-L1º - Astra co guía Alejandro Piñeiro. (S - Pequenos M - Medianos L – Grandes)
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario