- Francisco Añón Paz naceu hai 200 anos en Boel, Outes, un 9 de outubro
- A alumna gañadora é escolar do colexio da Serra de Outes. Houbo un accésit, que recaeu en Nerea Cambeiro
Outes, 9 de xaneiro de 2012. O pasado sábado, 7 de xaneiro, no transcurso do festival musical que, organizado polo Concello de Outes, se celebrou na Casa da cultura da Serra, tivo lugar a entrega do premios á gañadora do certame convocado polo propio Concello para o deseño dun logotipo destinado a ser a imaxe representativa do Ano de Añón, con motivo da conmemoración neste ano 2012 do 200 aniversario do nacemento do poeta outense Francisco Añón.
O concurso, que estaba dirixido á poboación escolar de Outes, foi gañado por Clara Caamaño, alumna de 6º de Primaria do Colexio da Serra de Outes, a cal recibiu da man do Concelleiro de Cultura, Manuel García, o vale de 200 € canxeables por material escolar ou deportivo, con que estaba galardoado o premio.
No mesmo acto, tamén foi agasallada cun premio de 50 € a alumna do Colexio do Cruceiro de Roo Nerea Cambeiro, gañadora do único accesit concedido polo xurado, formado éste por representantes de todas as asociacións culturais, veciñais e musicais que van participar na celebración de charlas, recitais, concertos e outras actividades que van ter lugar ao longo do presente ano e culminarán no mes de outubro nun acto solemne coa presencia de autoridades municipais, da Xunta de Galicia e da Real Academia Galega.
Informou desta actividade Xoán X. Mariño, presidente da asociación cultural "Terra de Outes" e comisario designado polo Concello de Outes para a organización do Ano Añón.
Quen era e que fixo? Francisco Añón Paz?
Consulte na Galipedia, aquí
Antes, en Certo:
Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario