9.1.12

Dodro: o municipio viviu a súa primeira cabalgata de Reis este ano

  • Tamén tivo lugar o I Concurso de Pasteis

Dodro, 9 de xaneiro de 2012. O Concello de Dodro celebrou o pasado xoves 5 de xaneiro por primeira vez o desfile da Cabalgata de Reis.

As súas maxestades, antes de iniciaren o percorrido, visitaron aos maiores do Centro de Día de Dodro acompañados pola concelleira de Servizos Sociais e Igualdade. Os maiores recibiron con aplausos e algúns con bágoas moi emocionados aos Reis Magos, que lles regalaron chocolatinas, caramelos e moitos bicos.

Ás 5 da tarde a comitiva partiu do polideportivo municipal recorrendo distintas aldeas do concello para finalizar na Praza do Concello onde os Reis Magos foron recibidos con aplausos e moita ilusión dos nenos e maiores que agardaban a súa chegada.

Foron recibidos polo alcalde e realizaron a ofrenda ó Neno Xesús para continuar coa recepción de todos os rapaces que agardaban impacientes ós que lles deron agasallos e escoitaron as súas peticións. Mentres, nenos e maiores disfrutaron dun chocolate quente e churros.   

Concurso de pasteis e doces

Ao mesmo tempo, durante a recepción dos nenos celebrouse o I concurso de pasteis do concello con gran expectación dos asistentes. Despois da deliberación o xurado xunto coa  concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Marisol Boga, entregaron os tres primeiros premios. Ao finalizar todos os asistentes puideron degustar os doces e pasteis presentados ao concurso. 

O equipo de goberno asegurou sentirse "satisfeito da acollida que o acto tivo entre os veciños e de que por fin os nenos e nenas do concello non teñan que desprazarse a outros lugares para disfrutar e emocionarse cos Reis Magos".

Certo
O Xornal Dixital de Barbanza e Noia
OLLO!! PÁXINA DE SEAREIROS EN FACEBOOK: http://www.facebook.com/xornalcerto
ÚNETE!!


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical