9.1.12

Ribeira: esta semana inician as obras na rúa Cervantes, en Bandourrío

Media_httpfarm8static_cvuvi

A semana pasada estreouse a nova iluminación no barrio do Monumento

Ribeira, 9 de xaneiro de 2012. O Concello informa de que esta semana comeza a actuación dirixida á pavimentación e renovación de servizos de abastecemento de auga potable, saneamento e pluviais na rúa Cervantes e o seu entorno, no antigo barrio de Bandourrío. Está previsto que os primeiros traballos preparativos dean inicio esta mesma tarde de luns. 

A empresa Construcciones Jenaro Cadaval, S.L,. será a encargada de realizar a obra, que ten un orzamento de 168.120,16 euros e un prazo de execución de 3 meses. 

En canto aos detalles da actuación, no que se refire ao abastecemento de auga, se suplantarán as tubaxes existentes por outras de polietileno de alta densidade tanto na rúa Cervantes como nunha vía adxacente. 

Polo que respecta ao saneamento de residuos fecais, se colocará un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro nas rúas adxacentes á Cervantes e nesta última  instalarase un tubaxe tamén de PVC pero de 400 milímetros. 

En canto ao saneamento de pluviais, se disporá un colector de PVC de 400 milímetros de diámetro que conducirá o auga ata a rede existente na rúa Manzanares. Nas rúas adxacentes instalarase un colector de 315 milímetros. 

Pavimentación

Ademais, a zona de actuación será obxecto dunha nova pavimentación combinando adoquín de granito con lousas de granito abuxardado cunhas dimensións de 60 x 40 x 8 centímetros, proporcionando un acabado de pedra acorde cunha vía que está situada nun dos barrios orixinais de Ribeira.

Pode que tamén lle interese:




 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical