9.1.12

Ribeira: abren prazo de inscrición para cursos de galego Celga 2012

Media_httpfarm3static_evmfj

Ribeira, 9 de xaneiro de 2012. A participación de Ribeira na Rede de Dinamización Lingüística desde o ano 2011, implica a mellora e intercambio de experiencias dinamizadoras e de formación en lingua galega. Neste marco iníciase o período de inscrición nos cursos gratuítos de formación para a obtención da titulación CELGA dos niveis 1, 2, 3 e 4 que se impartirán no concello de Ribeira neste ano 2012. 

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira informa de que o prazo de inscrición para asistir aos cursos gratuítos preparatorios dos exames CELGA dos niveis 1, 2, 3 e 4, convocados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, permanecerá aberto ata o día 30 de xaneiro de 2012, tal e como reflicte a publicación do DOG do 09/01/12 a Orde do 4 de xaneiro de 2012, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncian cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis CELGA 1, 2, 3, 4. 

A reserva de prazas realizarase por estrita orde de inscrición, ata completar o límite de 30 persoas inscritas por curso. A formación é gratuíta e está  dirixida a persoas de máis de 16 anos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical