18.6.12

Ribeira: listas as obras en Alto de Rial e Alto da Fonte, en Castiñeiras


 

Ribeira, 18 de xuño de 2011.- O Concello informa da finalización das obras de pavimentación e renovación de servizos nas rúas do Alto do Rial e Alto da Fonte, ambas situadas na parroquia de Castiñeiras.

 

Deste xeito, dáse un paso máis no obxectivo de recuperar o centro histórico da parroquia, formado por un conxunto de rúas de trazado irregular e anchura variable, así como de renovar os servizos existentes.

 

A actuación consistiu na pavimentación das dúas vías referidas con lousas de granito combinadas con adoquíns de granito abuxardado. Tamén se substituíron as tubaxes de abastecemento de auga existentes por outras de polietileno de alta densidade e colocáronse colectores de PVC liso para os residuos fecais e colectores de PVC corrugado para as augas pluviais.

 

Con anterioridade a esta acción, as dúas vías aludidas tiñan un pavimento de formigón bastante deteriorado, a rede de abastecemento era de fibrocemento e non existía rede separativa de pluviais e fecais.

 

O orzamento ascendeu a 151.976,90 euros. Serinfra S.A. foi a encargada de acometer a actuación, que están adscrita ao POS 2011.

 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical