18.6.12

Ribeira: un Día da Bici moi concorrido


Avituallamento en Aguiño

Peirao de Aguiño

Entrega de dorsais na praza de España

A praza de Españas foi o lugar de partida da marcha a Aguiño


Ribeira, 18 de xuño de 2012.- O Día da Bici que se celebrou no día de onte pola mañá rexistrou unha grande afluencia nas tres actividades que o Concello a través da súa Área de Deportes propuxo para este día.

 

Así, máis de 300 persoas non se deixaron amedrentar pola ameaza de chuvia e emprenderon a ruta que, dende a Paza de España de Santa Uxía, partiu con dirección a Aguiño para despois efectuar a viaxe de regreso ata o mesmo punto de partida.

 

De forma simultánea a este percorrido, houbo un itinerario máis curto pensado para os máis pequenos que descorreu por algunhas das principais rúas da cidade: Avenida do Malecón, Miguel Rodríguez Bautista, etc... Moreas de nenos e nenas tomaron parte nesta segunda ruta, que culminou coa celebración dunha gran ximcana infantil na praza de España.

 

E en terceiro lugar, no pavillón de Santa Uxía, fronte á Coroso tivo lugar un maratón de spinning no que se cubriron as 70 prazas ofertadas e que se gañou a admiración do numeroso público que concorreu ao recinto polideportivo.

 

Sorteo de bicicleta

A celebración deu cabida tamén a un sorteo de agasallos por cortesía da tenda Sportibike. O gañador do gran premio do día, consistente nunha bicicleta, foi Javier Torrado Tomé.





 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical