18.6.12

Ribeira: a danza clásica consolídase na cidade como disciplina grazas á Escola de Ballet

  •  O auditorio encheuse para presenciar o Festival de Danza Clásica que puxo punto final a este curso

 

Ribeira, 18 de xuño de 2012.- O Auditorio encheuse totalmente onte pola noite durante a posta en escena do Festival de Danza Clásica co que a Escola Municipal de Ballet que ofrece o Concello puxo o broche de ouro ao curso 2011-2012.

 

Baixo a dirección da mestra Cristina Riveiro, un total 48 rapazas e 2 rapaces, divididos en catro grupos segundo os tramos de idade, interpretaron seis coreografías que espertaron o aplauso unánime do público congregado.

 

A programación iniciouse coa obra “Reloxo” de Mozart para a continuación bailar ao compás de “Giselle” (segundo acto Mirtha – Willis de Adolphe Adam), “Polonaise” (de D. Staaskapelle), “Adagio” da Banda Sonora de “A lista de Schindler” (composto por John Williams) e Danza Macabra (de Saint-Saëns).

 

Como remate final, a última das pezas da noite foi moito máis animada: “They don’t care about us”, de Michael Jackson.

 

Diplomas

Unha vez finalizada a actuación, incluída dentro da programación do Xuño da Cultura e as Artes, Cristina Riveiro dou as grazas a todos os alumnos e especialmente ás nais e pais que co seu sacrificio fan posible o desenvolvemento desta escola municipal e, acto seguido, tivo lugar a entrega de diplomas.

 

O alcalde Manuel Ruiz e a concelleira de Cultura Elvira Pisos foron os encargados de entregar estes documentos acreditativos. O rexedor municipal dirixiuse ao público para loar esta iniciativa, unha máis das que contribúen a “facer pobo” entre a cidadanía de Ribeira.






 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical