18.6.12

Lingua galega: LEGA (Lecer galego) bota a andar como plataforma de recursos lúdicos na nosa lingua

 

Media_httpfarm4static_lbsvc
Barbanza-Noia, 18 de xuño de 2012. O xoves 21 de xuño, ás 11.30 horas, presentarase na libraría Couceiro de Santiago LEGA (Lecer galego), un proxecto de GalegoLab encamiñado a poñer a disposición da sociedade galega recursos lúdicos dixitais naquelas áreas onde a presenza do galego sexa baixa ou escasa, xerando estes contidos baixo licenzas libres maioritariamente que permitan a súa libre distribución e uso.

Os proxectos cos que LEGA bota a andar son:
1. Galegogym (http://galegolab.org/proxecto-aberto/galegogym-1/), un cd de música galega, en Creative Commons, para facer fitness en galego, que contou coa colaboración de artistas como GalegoZ, Zimmer 103 e Projecto Mourente.

2. Astronomía básica, un recurso de astronomía orientado a afeccionados e persoas que se queiran iniciar na astronomía. O proxecto consta de material dixital de astronomía, unha guía de astronomía básica eun dvd do sistema operativo Ubuntu en galego, totalmente funcional para usos xenéricos, e
modificado de tal xeito que se engaden tanto programas de astronomía en galego de mapase atlas celestes (Stellarium e Cellestia). Está completamente en galego (o software,navegador web, procesador de textos, reprodutor de vídeo e audio…) e cabe tamén destacarque se pode executar sen instalar. Astronomía básica levouse a cabo en colaboración con Astronomía na Beirarrúa http://astronabeira.blogspot.com/, un proxecto nacido dentro da Universidade de Santiago deCompostela e que ao longo destes últimos anos leva traballando para achegar a astronomíadun xeito lúdico e participativo.

3. Xogos para ordenador totalmente traducidos ó galego: polo momento, Frozen Bubble (http://www.frozen-bubble.org/) e Childsplay (http://www.schoolsplay.org/).

4. Subtitulado ó galego de Sintel, unha curtametraxe de animación desenvolvida pola fundación Blender.

5.Os recursos de todos os proxectos rematados en GalegoLab estarán tamén
dispoñibles para a súa descarga.

GalegoLab

GalegoLab é unha organización sen fin de lucro, fundada en 2010, que ten como
obxectivo o impulso de accións concretas de promoción da lingua galega, cun enfoque deabaixo-arriba, con especial incidencia nas culturas emerxentes e na naturalidade da vida cotiá.A súa ferramenta principal é a web GalegoLab (http://galegolab.org), unha rede social de crowdsourcing, para concitar apoios ás accións propias e as que propoñan os usuarios e outros colectivos. Esta web está en marcha dende o 20 de maio do 2010. O pasado 14 de setembro recebiu o primeiro premio da Secretaría Xeral de Modernización ao desenvolvemento de contidos en Internet na categoría de promoción do Patrimonio, Cultura e
Lingua Galegas. A páxina web conta na actualidade con 1093 usuarios. Actualmente hai nela 40 ideas a prol do galego (http://galegolab.org/explora/ideas/).

Algúns dos proxectos máis destacados que se desenvolveron na páxina son:
- Adiviña @s autor@s (http://galegolab.org/proxecto-aberto/adivina-s-autors/). Concursoen colaboración con latri.ca e Rinoceronte Editora que se desenvolveu na semana do 17 de maio na rede social galega.
- Redeseña o logo de Cabozo para o 17 de maio (http://galegolab.org/proxecto-
aberto/redesena-o-logo-de-cabozo-para-o-17-de-maio-1/). Concurso consistente en redeseñar o logo doutra rede social galega, Cabozo.
- Pinchada de música (http://galegolab.org/proxecto-realizado/pinchadas-de-musica-pero-da-boa--1/)l, toda en galego, que se fixo en Vigo en setembro do ano pasado.
- 24 horas galego fullscreen (http://galegolab.org/proxecto-realizado/24-horas-galego-fullscreen-1/), un concurso de vídeos nos que os participantes relataban como era para eles un día en galego e no que o gañador foi “Co galego… ata o inferno” (http://eufalo.tv/video/co-galego-ata-o-inferno/).
- Fútbol galego, fútbol en galego (http://galegolab.org/proxecto-realizado/futbol-galego-utbol-en-galego/) busca que o equipo de fútbol da Coruña, o Dépor, comece a usar o galego nas súas comunicacións.
- Memoria Pixelada (http://galegolab.org/proxecto-realizado/memoria-pixelada/) é un blog sobre videoxogos na nosa lingua, para o que o seu coordinador atopou en GalegoLab tres colaboradores.
- A galega para 145 millóns de usuarios e A lingua galega máis alta no Twitter
(http://galegolab.org/proxecto-realizado/a-lingua-galega-mais-alta-no-twitter-3), dúas iniciativas que colocaron a etiqueta #galega entre os temas do momento na rede social Twitter o 6 de outubro e o 17 de decembro de 2010, para conmemorar o aniversario do primeiro mitin político en galego e o cabodano da execución de Pardo de Cela, respectivamente.
- Falemos de cinema na nosa lingua (http://galegolab.org/proxecto-realizado/falemos-de-cinema-na-nosa-lingua-1/). Neste proxecto, os directores d’A Cuarta Parede, unha revista dixital de crítica cinematográfica, atoparon catro persoas que lles axuden a traducir os artigos que os colaboradores lles envían noutros idiomas.
- Twitter en galego (http://galegolab.org/proxecto-aberto/twitter-en-galego/) atopou xente voluntaria para facer a tradución ó galego da rede social. Actualmente estase á espera de que opropio Twitter a autorice.
- Documental audiovisual sobre a diáspora galega (http://galegolab.org/proxecto-
realizado/documental-audiovisual-sobre-a-diaspora-galega/) tivo como obxectivo buscar recursospara a realización dun documental (en preproducción) sobre a nova diáspora galega, a 2.0, máis vencellada á terra gracias ás novas tecnoloxías do que o estiveran os emigrantes de xeracións
anteriores

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical