18.6.12

Natureza: atopan un raposo morto nun lazo ilegal en Portosín

  • Vox Ánima bótalle a culpa á Xunta, que lle dá ás aos delincuentes medioambientais ao non perseguilos nin castigalos


Barbanza-Noia, 18 de xuño de 2012. Segundo revelou onte o colectivo ecoloxista Vox Ánima, "a campaña de exterminio que está levando a cabo a Xunta de Galicia nol Barbanza parece estar dando ás aos delincuentes medioambientais da nosa  comarca. Aos animais mortos en batidas e agardas únense os apresados nas cada vez máis numerosas trampas que cobren os nosos montes".

Un veciño de Porto do Son comprobou, esta pasada fin de semana, que non só lobos ou xabaríns poden ser víctimas dos crueis lazos de aceiro que ultimamente abondan nos montes barbanzáns. O sábado pola mañá, paseando ao can por un camiño que arrodea montes e leiras de Belcunqueiro (Portosín), o animal alonxouse un pouco e meteuse entre piñeiros. Ao ver que non voltaba, e tras chamalo varias veces sen obter resposta, comezou a buscalo ata que escoitou uns xemidos.  Ao achegarse comprobou que o seu can estaba enganchado nun lazo de aceiro que le esganaba o pescozo. Afortunadamente, aínda que aterrorizado e case sen aire, puido ser liberado con vida. A uns catro ou cinco metros de distancia un raposo morto evidenciaba que non tivera tanta sorte. Probablemente morrera había uns sete ou oito días tras espantosa agonía e  terrible loita por sobrevivir, que o levou a levantar a pel da súa cabeza nos seus frustrados intentos por liberarse.

O lazo asasino estaba, denuncian dende Vox Ánima, "nunha propiedade privada. O seu dono, previsiblemente, dirá o mesmo que os propietarios do peche gandeiro de Boiro onde apareceron 33 lazos e varios animais mortos: que non sabe nada. E ninguén pagará, porque nesta terra ser delincuente ambiental ou maltratador de animais case sempre sae gratis".

Moi preto do acontecido, varios nenos xogaban no polideportivo, alí en Portosín, continúan dende Vox Ánima. "Calquera deles puido ser vítima destas trampas mortais. Os lazos corredizos non distinguen entre animais salvaxes, domésticos ou seres humanos. Todos somos vítimas potenciais de esganamento. A pregunta que nos facemos é: a que agardan as autoridades para tomar en serio este problema e perseguir, con todos os medios, a estes criminais? Os que levamos algún tempo nestes temas coñecemos a respuesta, porque xa esgotamos a confianza nunha institución que non fai xustiza ao seu nome. A Dirección Xeral para a Protección da Naturaleza demostrou, coas súas últimas actuacións, o pouco respeto que lle merece a naturaleza galega, utilizando políticas de xestión totalmente contrarias á vida e respecto animal. Así quedou de manifiesto coa campaña contra o híbrido de lobo que deixou en mans de cazadores, co visto bo á fumigación de eucaliptos cun producto, o flufenoxurom, que estará prohibido a partires de agosto en toda a Unión Europea pola súa toxicidade e os perigos que supón para a diversidade das especies que habitan no noso ecosistema, ou, por citar o que agora nos ocupa, coa case total ausencia de condenas nos numerosos casos de lazos ilegais, o que anima aos delincuentes a seguir utilizándoos con total impunidade. Por iso sabemos que os nosos montes continuarán sendo un cemiterio de animais, condenados moitos deles a unha morte terrible e cruel", rematan os ecoloxistas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical