18.6.12

Noia: curso de primeiros auxilios do 7 de xullo ao 4 de agosto impartido por Cruz Vermella

  • Duración de 40 horas, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas
  • Cada xornada de sábado (7, 14, 21 e 28 de xullo e 4 de agosto)
  • Persoas interesadas en realizar este curso ou informarse sobre o mesmo poden chamar ao teléfono 981 825 405 ou ir persoalmente á Asemblea de Cruz Vermella de Noia, sita en A Chaínza.

Media_httpfarm4static_cwsuf

Noia, 18 de xuño de 2012. O curso que imparte Cruz Vermella na súa asemblea local (no lugar da Chaínza) pretende que o alumnado coñeza os fundamentos dos Primeiros Auxilios e a terminoloxía básica de anatomía, así como aprender a aplicar de xeito correcto as técnicas de reanimación cardiovascular, mobilizar adecuadamente a unha persoa ferida e aplicar técnicas básicas en situacións de emerxencia: feridas, traumatismo, queimaduras e accidentes con máis dunha vítima.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical