14.3.12

Ribeira: anovarán o saneamento dun tramo da rúa Mexilloeiro en Corrubedo

Ra_mexilloeiro_-_corrubedo

  • Inversión de 47.172 euros a cargo de "Sonense de Granitos S.L." , a empresa que presidía o actual alcalde -do PP- de Porto do Son, Luis Oujo, ata 2011

 

Ribeira, 14 de marzo de 2012.- O Concello informou dunha próxima actuación en Corrubedo que consiste na instalación de pluviais e renovación de saneamento nun tramo da rúa Mexilloeiro, vía situada no casco histórico da referida parroquia.

 

A empresa “Sonense de Granitos S.L.” acometerá esta actuación, por un importe de 47.172 euros.

 

Actualmente, no tramo referido non hai un funcionamento óptimo da súa rede de saneamento, dado que o seu pouco desnivel provoca episodios de atascos, tanto na rede xeral como nas acometidas domiciliarias. Por outra parte, o vial carece de rede de pluviais.

 

Así e logo, o proxecto plantexado prevé renovar a rede de saneamento colocando unha tubaxe de 70 metros de lonxitude de PVC liso, ademais de instalar unha rede de pluviais mediante outra tubaxe de 70 metros de PVC corrugado.

 

Pavimentación

Polo que respecta á pavimentación, decidiuse utilizar diversos tipos de pedra para conseguir un debuxo demellante ao existente a outras áreas próximas recentemente pavimentadas, polo que se utilizarán lousas de granito de 60x40 centímetros combinadas con adoquíns de granito de dimensións de 20x10 centímetros.

 

O Gobermo Municipal prevé que en próximas actuacións se obre no resto da rúa Mexilloeiro para harmonizala co entorno.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical