1.7.11

Literatura: publicado xa o relato gañador do certame "Antón Avilés de Taramancos", do ribeirense Antonio Piñeiro

Sdc14768

Noia, 1 de xullo de 2011. Xa está nas librarías o relato gañador do último certame de relato de aventuras "Antón Avilés de Taramancos", que gañou o editor independente Antonio Piñeiro coa súa obra "A dama fulxente".


Anne Geneviève, alta dama francesa, fai o Camiño de Santiago como ofrenda  pola súa curación. Aqueixada dunha mortal enfermidade da época, e acurralada polas intrigas da Corte de Luís XIV, emprende a viaxe desde Bordeaux nunha mañá do mes de xullo, cun pequeno séquito e a compaña do seu médico, que atopará tamén ao final do Camiño, na Igrexa de San Martiño de Noia, a solución que, como científico, buscaba a esa enfermidade, xunto aos insospeitados signos que, dese saber, lle son transmitidos a través da arquitectura dos séculos.

     O Camiño de Santiago no século XVII. Turbulentos tempos de cambio. A decadencia dun modo de vida. As vicisitudes dunha viaxe plena de acontecementos, tensións, aventura, paisaxes. As inquietantes, delgadas liñas que separan ou unen a fe e a razón.

     A dama fulxente trae a colación, ademais, un dos motivos históricos e menos coñecidos polos que o Camiño acadou o seu carácter de xigante das peregrinacións.
 
Tanto o da capa como as ilustracións interiores son de Pío Costa. Uns motivos que, xunto coa súa calidade, dan magníficamente ben co tema e co sentido da novela. Custa 10 euros e mesmo se pode mercar por Internet, na páxina da editorial noiesa Toxosoutos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical