- O plan recolle 11 actuacións presupostadas en 7 millóns de euros
- O alcalde expresou a súa confianza "en que este ambicioso programa poida ser unha realidade no seu conxunto nestes próximos catro anos"
Entre as ideas a financiar está unha rede de miradores e vías paisaxísticas Ribeira, 1 de xullo de 2011.- O alcalde Manuel Ruiz Rivas fixo público esta mañá que, tal e como se recolle no Boletín Oficial do Estado de hoxe 1 de xullo, o Concello vai recibir 5.041.117,92 euros de Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para cofinanciar o proxecto Ribeira Atlántica 2015. Cabe recordar que este ambicioso plan está orzamentado en 7.208.597,03 euros e ten como principal obxectivo a dinamización turística do municipio baseándose na posta en valor dos seus recursos naturais, patrimoniais e industriais, contribuíndo deste xeito ao crecemento do emprego e a diversificación da actividade económica. O proxecto abrangue un total de once actuacións en distintos espazos da cidade e das parroquias. Ruiz Rivas cualificou a obtención destes fondos de “logro de todos” e proclamou a súa certeza de que a recepción desta importante cuantía económica permitirá que o proxecto no seu conxunto poida ser unha realidade nestes catro anos. As once actuacións contempladas no marco deste proxecto Ribeira Atlántica 2015 son: 1. Creación dun centro social e de ocio saúdable de Oleiros
2. Construción dun paseo marítimo-terrestre polo borde litoral de Ribeira
3. Creación dun parque biosaúdable e itinerarios verdes en Oleiros-Artes.
4. Recuperación ambiental e patrimonial do río Artés ou Arlés
5. Plan de mobilidade e accesibilidade da área portuaria
6. Recuperación da antiga aldea mariñeira na illa de Sálvora e promoción de visitas á illa
7. Construción dun novo mercado municipal
8. Creación dunha web turístico-patrimonial
9. Creación dunha rede de miradoiros e vías paisaxísticas de Ribeira
10. Plan de recuperación de núcleos tradicionais
11. Recuperación e interpretación do complexo mar-industrial de Área Secada
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario