Boiro, 1 de xullo de 2011. A moza amazona boirense Berta Escurís (Boiro, 1994) participou na pasada fin de semana -25 e 26 de xuño- no Campionato Nacional de Salto unha estrela (CSN*) que se levou a cabo no club hípico A Camposa, en Ferrol. Deste xeito comezou a tempada galega de saltos, no que un ano máis participa Berta Escurís, da man de Distribunosa. A seguinte proba será na fin de semana do 15 ao 17 de xullo, no club hípico Os Porches de Arteixo e, do 22 ao 24 de xullo, no club hípico de Mondariz. Cambio de monturaBerta Escurís montaba antes unha egua chamada Zúnica. Agora está cun cabalo novo, que se chama Daaim Star. A boirense comezou a montar con tan só 6 anos de idade.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario