O aparcadoiro soterrado ía estar ubicado nas inmediacións do recén remodelado parque de Rosalía de Castro
Noia, 22 de xullo de 2010. O deputado socialista Lage Tuñas presentou hoxe no Parlamento de Galicia unha pregunta para coñecer as razóns de que a Xunta de Galicia lle negara a cesión dun tramo da C-550 ao seu paso por Noia ao Concello desta localidade. Nese terreo o equipo de goberno tiña previsto construír un aparcadoiro subterráneo para solucionar ou alomenos paliar o problema de atopar praza para os vehículos a motor a diario e, sobre todo, en datas sinaladas como festas ou feiras.
Pola súa banda, o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, ante a negativa da Xunta a esta cesión, xa está traballando xunto ao seu equipo de goberno en novos emprazamentos que non disten moito do centro urbano. Entre as localizacións a analizar figuran Pedra Sartaña, a rúa dos Besteiros e a rúa Xuíz Falcone. Tampouco desbotan negociar con empresas privadas que queiran xestionar o aparcadoiro e coas que se chegue a un convenio beneficioso para o pobo e para os empresarios. O montante da actuación para construir un aparcoiro soterrado para Noia rondaría os dous millóns de euros.
97.000 euros para a Deputación
Por outra banda, o alcalde informou de que nesta anualidade de 2010 o Concello pagou á Deputación da Coruña 97.000 euros pola recadación do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI). Este é o único imposto que Noia delegou nas oficinas da Deputación e hai intención de aprobar en pleno non prorrogar este convenio a partires do próximo ano. Boa parte dos concellos coruñeses (a maioría) teñen delegada a recadación de impostos, taxas e multas na Deputación de A Coruña, motivo polo cal teñen que ceder un 5% do obtido.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario