26.10.12

Ribeira: sae no DOG a Declaración de Impacto Ambiental da depuradora de Corrubedo

  • Este trámite supón a finalización da última fase de tramitación ambiental da obra e permite o remate da redacción do anteproxecto
  • A nova estación depuradora, que se poderá licitar en 2013, dará servizo aos mais de 38.000 habitantes dos núcleos de Aguiño e Ribeira
  • Un ano despois do remate do plan de saneamento local para o Concello de Ribeira xa se están finalizando as actuacións máis urxentes coa reparación do emisario submarino de Punta Touro e na EDAR de Corrubedo
  • Ao redactar esta noticia non se daba atopado en ningunha das webs da Xunta http://www.cmati.xunta.es/ ou http://augasdegalicia.xunta.es a DIA devandita

Media_httpfarm9static_chnjx

Peirao de Corrubedo


Ribeira, 26 de outubro de 2012.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Ribeira. Isto supón a finalización da última fase de tramitación ambiental da obra e permite o remate da redacción do anteproxecto.

A tramitación ambiental comezou en marzo co sometemento a información pública, por parte de Augas de Galicia, do estudo de impacto ambiental do anteproxecto de construción e explotación da EDAR. Neste estudo presentouse a alternativa seleccionada consistente na construción da depuradora no lugar de Couso e un emisario submariño que canalizará o vertido da EDAR.

A aprobación da declaración de impacto ambiental é un importante fito na tramitación desta obra. Con este paso dáse o visto bo para a redacción do anteproxecto que desenvolve a alternativa elixida, e que Augas de Galicia espera rematar este ano. Deste modo, a obra da depuradora de Ribeira poderase licitar en 2013.

O documento aprobado establece condicionantes para que a obra produza os menores impactos posibles na atmosfera, augas, solo, fauna, vexetación e hábitats da zona, e no patrimonio cultural, tanto durante a execución dos traballos como na explotación da instalación. Do mesmo xeito, establece medidas para a xestión dos residuos de obra ou a integración paisaxística. Tamén contempla consideracións de obrigado cumprimento ao programa de seguimento ambiental que se define no estudo e impacto ambiental presentado.

Antecedentes
A Xunta de Galicia presentou o ano pasado o Plan de saneamento local da Ría de Arousa para os concellos de Riberia e A Pobra. O estudo do actual sistema de saneamento do concello de Ribeira, no que a Xunta investiu 721.135,39 euros, presenta como conclusións, entre outras, que é necesario realizar varias actuacións en infraestruturas de saneamento e depuración, con carácter prioritario.

Neste senso, preséntase a necesidade da construción antes do 2015 dunha EDAR que dea servizo ás máis de 38.000 persoas que viven nos núcleos Ribeira e Aguiño. Do mesmo xeito, considéranse importantes a corto prazo o remate da EDAR de Corrubedo e a reparación do emisario de Punta Touro. A Administración Hidráulica de Galicia, consciente da importancia destas actuacións, ponse a traballar na liña marcada polo plan de xeito inmediato.

En decembro do 2011 a Xunta licita as obras de reparación do emisario de Punta Touro por un importe de 1.887.790,95 euros, que actualmente se atopan en execución. O remate previsto para esta obra é a principios do 2013 e coincide coas previsión de finalización da obra de rede de saneamento e EDAR en Corrubedo que se licitou a finais de 2009 por 7.360.072,98 euros.

AnuncioO143-231012-0001_gl.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical