26.10.12

Ribeira: este domingo 28, andaina ata o Monte Facho

Foto_na_garita

  • O pasado domingo camiñouse polos montes da Garita


Ribeira, 26 de outubro de 2012. Este domingo 28 de outubro ás 8:30 h. dende a Estación de autobuses de Ribeira, hai programada unha andaina de 14 quilómetros que partirá da parroquia de Hío (Cangas), ata o Monte Facho e o seu castro Galaico-Romano, para logo continuar polos cantís da Costa da Vela ata a Punta dos Tres Faros (Cabo Home, Punta Subrido, e Punta Robaleira), sin deixar de lado nunca as fantásticas vistas das Illas Cíes. O regreso será ata a parroquia de Donón, donde o autobús recollerá aos sendeiristas para achegarse a Cangas a xantar.

O prezo pola participación é de 9 €. Unha vez feita a reserva no apartado de inscricións indicaranse as formas de facer efectivo o pago. No prezo vai incluido o transporte de ida e volta, pero non a comida que queda á libre elección de cada participante (pódese levar dende Ribeira, ou escoller un establecemento hosteleiro alí en Cangas).

Os sendeiristas estarán acompañados en todo momento dun monitor.

Toda a información na web dos organizadores, en http://arousa.com

Pola Garita os de Carreira


Disque foi magnífica a mañá do día das votacións, este pasado domingo 21 de outubro, para desfrutar dos camiños carreirenses. 23 participantes presentáronse  na Capela da Guía para disfrutar dunha nova andaina organizada pola Asociación de Veciños de Carreira. A pesar de que o seu título era "Sendeirismo polos montes da Garita", a verdade é que eran moitos outros os lugares polos que pasaba a ruta. 
Tras atravesar a aldea de Vixán polo antigo camiño da fonte, foron aos muiños de Amendo. Bordeando a aldea do Vilar, achegáronse ó Liboi e dalí, a través da Granxa, alcanzaron a Capela de San Roque. No Parque de San Roque disque se detiveron nos detalles das réplicas arqueolóxicas alí existentes. A baixada do periurbano realizouse polos recunchos menos coñecidos do parque. Desde Fafián afrontaron a suba ao monte da Garita, recorrendo algúns dos sendeiros dos moitos que se poden atopar nesta zona de lecer. O miradoiro da Garita, a aldea de Laxas, o outeiro das Penas, a Filgueira, o outeiro e Carreiriña foron os derradeiros puntos de interese dunha ruta que deixou moi bo sabor de boca entre os asistentes. Prometen que en breves organizarán máis roteiros. 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical