Esta fase de información pública prolongarase por un período de trinta días hábiles, a partir de mañá
O departamento que dirixe Agustín Hernández inviste máis dun millóns de euros e segundo as previsións o inicio destas obras fixase para o cuarto trimestre de 2010A conexión farase en Sampaio Lousame, 16 de marzo de 2009.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se somete a información pública o proxecto de trazado da obra do novo vial de conexión da Vía de altas prestacións Brión-Noia coa estrada Santiago-Noia (AC-543), en Sampaio. Este período de información publica prolongarase por un período de trinta días hábiles, a partir do seguinte á súa publicación DOG. Esta actuación viaria consiste en construír a primeira fase do novo acceso a Lousame dende o Corredor Brión-Noia. Este vial proposto arranca na glorieta pertencente ao enlace de Sampaio deste corredor e dende alí ao longo de 550 metros descende en dirección sureste cada a estrada AC-543, cuxo entroque se resolverá cunha glorieta. Este modificado no proxecto plantexouse ante a necesidade de diminuír a afección sobre o núcleo de Sampaio e as súas terras de labor. Ademais, representa unha mellora na conectividade da zona de Lousame. O departamento que dirixe Agustín Hernández inviste máis dun millóns de euros e segundo as previsións o inicio destas obras fixase para o cuarto trimestre de 2010.
Convenio de decembro
Fendas na paisaxe montañosa ao paso desta infraestrutura por Sampaio
Fendas na paisaxe montañosa ao paso desta infraestrutura por Sampaio
Cómpre recordar que a finais de novembro de 2009 o conselleiro de Medio Ambiente asinou un convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o municipio de Lousame, para a execución de varias obras de sinalización e aglomerado en varias estradas locais. Coa sinatura desta colaboración, a Xunta de Galicia inviste un importe total de 1,3 millóns de euros, achega económica distribuída en tres anualidades: no presente ano, achegaranse 1.000 euros; no 2010, 300.000 euros; e no 2011, os restantes 999.000 euros. Este investimento está ligado á construción da variante de Noia e responde ao compromiso do Goberno galego de complementar esta actuación a través da mellora das estradas municipais de Lousame para conectalas dun xeito rápido e seguro coa vía de altas prestacións Brión-Noia e a variante de Noia, así como coa vía da Deputación
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario