11.8.10

A Pobra do Caramiñal: destinan case 24.000 euros para acondicionar o peirao vello


A Pobra do Caramiñal, 11 de agosto de 2010.- O ente Portos de Galicia, da Consellería do Mar, anuncia o comezo inmediato das obras de acondicionamento do tramo final do peirao vello da Pobra do Caramiñal. Este acondicionamento consistirá no pavimentado completo desta zona coa finalidade de dotalo das condicións axeitadas de rodadura e tránsito. A esta obra Portos de Galicia destina un total de 23.899 euros.

Os traballos a realizar consisten no varrido da superficie deste tramo do peirao e na aportación de aglomerado que se estenderá e selaraá en baches e naquelas zonas que estean deterioradas. Ademais as obras tamén inclúen os labores de nivelación para adaptar as tapas dos pozos de rexistro e arquetas ao novo pavimento. Coa realización destes traballos, o ente dependente da Consellería do Mar dotará de máis calidade á contorna das instalacións náutico recreativas da Pobra do Caramiñal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical