Noia, 11 de agosto de 2010. Hai uns días comezaron as obras no adro da Iirexa de Argalo, dentro do PEIM (Plan Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural), que están financiadas polo Ministerio de Medio Ambiente Rural e Marino e pola Consellería de Medio Rural.Segundo comentou o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, "neste mandato estamos facendo un importante esforzo por conservar o patrimonio cultural, arquitéctonico e arqueolóxico dos noieses e noiesas". Entre as actuacións conta a rehabilitación dos Muíños da Pedrachán; reconstrución do Claustro do Concello; rehabilitación da Igrexa de Santa Mariña do Obre (en obras); rehabilitación da Igrexa de Santa Cristina (traballos previos de limpeza antes da obra); empedrado do Camiño Real do Obre desde a "calzada Romana" ata o Pereiro; acondicionamento da Praza da Virxe das Neves en Muíño. Empedrado, e rehabilitación do fito Virxe das Neves e fonte (do canteiro Pepe da Agulla) (en obras); acondicionamento do entorno da cova da Moura (acondicionamento do camiño sacramental e mellora do entorno das antas); acondicionamento da Carreiriña; alumeado novo no Casco Histórico e rehabilitación da Fonte Ferruxinosa, entre outras.
Claustro reconstruído do Concello de Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia












No hay comentarios:
Publicar un comentario