Portos de Galicia incluirá a esta fundación nas actividades dos Portos Xacobeos. Entre outras iniciativas, editarán unha revista Ribeira, 13 de maio de 2010.- Portos de Galicia incluirá á Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e río Ulla dentro das actividades dos Portos Xacobeos programados para este ano, segundo manifestou o presidente do ente público nunha reunión de traballo mantida onte co presidente da Fundación Ruta Xacobea, Javier Sanchez-Agustino. O obxectivo é o de participar nas conferencias que se levarán a cabo nos portos pertencentes á Ría de Arousa incluídos dentro das devanditas actividades como son, Rianxo, Vilanova de Arousa, Cambados, A Pobra do Caramiñal e Ribeira, así como a participación nunha revista editada pola Fundación Ruta Xacobea Mar de Arousa e río Ulla. Esta aportación da Consellería do Mar ao fenómeno Xacobeo supón, segundo Portos, "unha gran oportunidade para dar a coñecer por primeira vez a vinculación dos portos cos diferentes Camiños, nunha aposta por favorecer o coñecemento das nosas instalacións portuarias. Tamén se aproveita a oportunidade que nos ofrece este ano Santo para achegar a realidade sociocultural dos municipios galegos tanto aos seus habitantes coma aos seus visitantes".
En total, 15 portos forman parte deste programa que engloba cinco Camiños de Santiago: o do Norte, Fisterra-Muxía, Camiño Inglés, Portugués e ruta Marítima de Arousa. Os portos distinguidos como Portos Xacobeos son os de Ribadeo, Betanzos, Pontedeume, Corcubión, Cee, Muxía, Fisterra, Tui, Pontevedra, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Cambados, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.
Entre os obxectivos da devandita asociación figuran os de manter viva a tradición xacobea na Ría de Arousa, xa que logo, por esa ría, segundo conta a tradición, produciuse a denominada “traslatio” do corpo do Apóstolo Santiago ata Galicia no século I.
A fundación leva a cabo una intensa labor de promoción cultural, económica e turística dos 22 concellos que forman o Patronato, entre elas, convocatorias de premios xornalísticos, fotográficos, de debuxo infantil, a guía turística mancomunada denominada AROUSA, que recolle as excelencias históricas, culturais, turísticas e gastronómicas destas bisbarras. Na pasada etapa (en papel) de Certo falámoslles da Traslatio, á que se adicou un libro, que por certo, deixou sen pagar en gran parte o goberno bipartito anterior -o Xacobeo levábao Cultura, consellería do Bng-, segundo nos contaron os editores. Vexan a ligazón (con entrevista a Juan Manuel de Prada incluída) aquí Relacionadas:Noia: o 21 de maio, marcha nocturna reivindicando o Portus Apostoli
En total, 15 portos forman parte deste programa que engloba cinco Camiños de Santiago: o do Norte, Fisterra-Muxía, Camiño Inglés, Portugués e ruta Marítima de Arousa. Os portos distinguidos como Portos Xacobeos son os de Ribadeo, Betanzos, Pontedeume, Corcubión, Cee, Muxía, Fisterra, Tui, Pontevedra, Pontecesures, Vilanova de Arousa, Cambados, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.
Fundación Ruta Xacobea
A Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, que conmemora a traslación dos restos do Apóstolo Santiago desde Jaffa (Palestina) ata Galicia, fundouse a instancia de José Luis Sánchez-Agustino López na Asemblea provincial de Turismo no ano 1963. En 1965 ten lugar o primeiro remonte do río Ulla.Entre os obxectivos da devandita asociación figuran os de manter viva a tradición xacobea na Ría de Arousa, xa que logo, por esa ría, segundo conta a tradición, produciuse a denominada “traslatio” do corpo do Apóstolo Santiago ata Galicia no século I.
A fundación leva a cabo una intensa labor de promoción cultural, económica e turística dos 22 concellos que forman o Patronato, entre elas, convocatorias de premios xornalísticos, fotográficos, de debuxo infantil, a guía turística mancomunada denominada AROUSA, que recolle as excelencias históricas, culturais, turísticas e gastronómicas destas bisbarras. Na pasada etapa (en papel) de Certo falámoslles da Traslatio, á que se adicou un libro, que por certo, deixou sen pagar en gran parte o goberno bipartito anterior -o Xacobeo levábao Cultura, consellería do Bng-, segundo nos contaron os editores. Vexan a ligazón (con entrevista a Juan Manuel de Prada incluída) aquí Relacionadas:Noia: o 21 de maio, marcha nocturna reivindicando o Portus Apostoli
Música: en xullo, concertos xacobeos en Barbanza
Disque Noia non é "porto xacobeo"
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario