A reportaxe completa en Certo, aquí
24.2.09
23.2.09
Porto do Son
Portos de Galicia saca a concurso a última fase da urbanización portuaria en Porto do Son, na que se investirán 3,2 millóns de eurosLevaranse a cabo obras de remodelación de todo o borde interior do porto, demolerase a antiga lonxa e crearanse novos aparcamentosSantiago, 21 de febreiro de 2009.- O ente público Portos de Galicia, que depende da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, saca a concurso a última fase das obras coas que se completará a remodelación portuaria en Porto do Son. Segundo o anuncio de licitación –que o Diario Oficial de Galicia publicará a vindeira semana- os traballos suporán un investimento total de 3,26 millóns de euros e terán un prazo de execución de dezaseis meses. A remodelación do borde interior, terceira e última fase que agora acometerá Portos de Galicia, permitirá ordenar os tráficos, renovar os firmes e as redes de servizos, instalar mobiliario urbano e axardinar a zona, contribuíndo notablemente á integración porto-vila.Portos de Galicia saca a concurso a última fase da urbanización portuaria en Porto do Son, na que se investirán 3,2 millóns de euros | Novas da Xunta de Galicia
22.2.09
Leas políticas
O ALCALDE ARTURO DÍAZ DEBERÁ PRESTAR DECLARACIÓN SOBRE A SÚA ACTUACIÓN EN RELACIÓN CON OBRAS URBANÍSTICAS DENUNCIADAS POLO PARTIDO POPULAR DE DODROA Audiencia Provincial de A Coruña admiteu o recurso interposto polo Partido Popular de Dodro, ante o sobreseimento da denuncia presentada no Xulgado de Padrón. Dacordo ca sentencia da Audiencia Provincial, o alcalde sr. Díaz deberá prestar declaración sobre a súa actuación en relación con obras urbanísticas denunciadas polo Partido Popular e que están a crear un gran malestar entre os cidadáns, podendo derivar nunha posible responsabilidade penal por dexación da súa función supervisora.Partido Popular de Dodro: A AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA ADMITE UN RECURSO INTERPOSTO POLO PARTIDO POPULAR
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















