3.7.09

Mosteiro de Caaveiro: teñen que ir



Agora está restauradiño e cremos que xa abriu o centro de recepción de visitantes. Vaian. Agradecerán o consello. As Fragas do Eume e esta paraxe son espectaculares...

2.7.09

Alfarería supersticiosa


Feira de Artesanía de Ribeira
Cargado originalmente por xornalcerto

As tellas pintadas contra o trono ou o raio... A meiga axeonllada e con risa pícara... A cada paso que damos, os galegos tropezamos coas nosas teimas, herdadas de tantos séculos de converxencia de crencias e culturas.

Galicia, terra promisoria de supersticións

Os vellos cultos sempre volven. O culto á auga vén de tempo inmemorial. Non fai falla que nolo traia un gurú norteamericano. Pero se o fai, benvido sexa nesta terra de pedras embruxadas, meigas irredentas, Santa Compaña pantasmal e demais contiños cos que nos animamos os medrosos mortais. E os galegos, os da terra dos mortos, máis.

Unha técnica hindú no Indostán español (Galicia)

Practicarían esta arte milenaria os que traballaban e debuxaban as nosas míticas pedras?

1.7.09

Serra da Capelada, en Cedeira


Están os cantís máis altos desta parte de Europa. Vistas impresionantes. Ao lado de San Andrés de TEixido.



Poderá ver gando mostrenco (cabalos como o das fotos, pero tamén vacas) por moitos lados. Vaia de vagar co coche. Non se pode ter présa para ver estas marabillas...

30.6.09

Por se non o entende


Isto indica que ten que deixar o can fóra do lugar do sinal. Ou sexa, que en determinadas praias hai que cumprir o que manda este sinal. Non haberá espazo abondo para pasear ao animal? Non tivo tempo suficiente no inverno? Por favor, que queremos disfrutar da praia sen ter que aguantar ao seu can!

Socialistas encorbatados


Xuntanza Manuel Chaves-Manuel Vázquez
Cargado originalmente por PSdeG-PSOE

O tempora, o mores... u-la pana? quen era Pablo Iglesias?

Mira ti de onde era o Curro dos anuncios! De Rianxo!

29.6.09

Muiño no Chavielos


Muiño no Chavielos
Cargado originalmente por Isidro Cea - In holidays YUPIIIIIIIIIIIIIIIII

Aquí ao pé...en Brión

Fervenza do Toxa


Fervenza do Toxa 2
Cargado originalmente por Jesroma

Si, deste verán non pasa... Hai que ir vela!

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical