25.9.12

Rianxo: este sábado 29, andaina pola mámoa dos Campiños

Cartel_andaina_rianxo_setembro

  • Hai que anotarse ata o xoves 27





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este sábado 28, Quico Cadaval no ciclo "Retranca na Ría"

Phantasmas_familiaresjpeg

  • Organiza a asociación "Flor de Toxo"
  • Cadaval presenta "Phantasmas familiares", con presos, putas, golpistas, estudantes e taberneiros como protagonistas das historias que tan ben conta este ribeirense
  • Durante a actuación sortearase un bono de turismo rural cedido por Arousa Norte
  • A entrada será por convite, que se pode recoller no salón de actos da casa do mar de Ribeira, o venres 28 de seis a oito da tarde ou o sábado de nove a once da noite
  • A actuación de Quico Cadaval comezará no auditorio ás 23:30






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a Cofradía da Dorna celebra o 25 aniversario das peñas dorneiras cunha cea-baile o 2 de novembro

Cena_dorna_25_anos

  • Límite de aforo en 300 persoas
  • Haberá que inscribirse vía web a partires do 1 de outubro

Ribeira, 25 de setembro de 2012. A Cofradía da Dorna, co gallo de que este ano se cumpren 25 anos dende que se fundaron as peñas dorneiras e dende que a Festa da Dorna colleu o rumbo co que continúa na actualidade, organiza o vindeiro venres 2 de novembro unha Cea-Baile no restaurante Baiuca ás 21:30 horas. Esta cea terá un custo de 35€ e será preciso reservar praza na web da cofradía: www.cofradiadadorna.com onde, a partir do 1 de outubro, haberá un formulario para realizar a reserva. Unha vez feita, recibirase un email no cal se indicará todo o necesario para formalizar o pago co cal quedará confirmará a reserva de plaza.
O motivo de utilizar este sistema, explican dende a organización, é que esta cea ten o seu límite en 300 persoas, e queren que calquera persoa interesada estea informada antes da apertura das reservas pois seguirase un orden rigoroso de chegada para a reserva de praza.






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Turismo: "Arousa a bordo" conecta Ribeira e A Pobra co Grove só para ir á Festa do Marisco

Arousa_a_bordo

  • Só cinco días en outubro
  • Xa se pode reservar
  • A liña prometida pola Xunta -Rosa Quintana, actual conselleira de Mar, e Álvarez-Campana, muñidor das campañas electorais do PP na Coruña e ex presidente de Portos de Galicia- para conectar as localidades costeiras da Ría de Arousa nunca se levou a cabo


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: a Escola de Música abre prazo de matrícula

Rianxo, 25 de setembro de 2012. Como cada ano por estas datas, a Escola de Música de Rianxo abre o prazo de matrícula para o curso 2012-2013. Remata este venres 28 de setembro, segundo nos informa Rafael Collazo, director desta entidade.

Información e entrega de matrículas nas oficinas do Auditorio:

*Os días 25, 26, 27e 28 de setembro de 11h30 a 13h:30 e de 19h00 a 21h00.

*Tfno. 671 058 555

*E-mail: escolademusicaderianxo@gmail.com




Cartel_ano_2012-2013

DIPTICO 2012-2013.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Liceo acolle un curso para formarse como monitores de tempo libre

  • Comeza o 13 de outubro
  • Organiza a Escola Galega de Tempo Libre




Carteles-45x32

Trípticos Curso de Monitores.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: este venres 28, O Festivalo chega á súa terceira edición en Manselle

  • E ao día seguinte, festa do San Miguel, na mesma parroquia

Dodro, 25 de setembro de 2012. O vindeiro venres 28 de setembro celébrase o Festi-Valo 2012 na aldea de Manselle. Trátase da terceira edición deste acontecemento musical organizado polos veciños desta aldea e animado polo escritor Anxo Angueira. Este ano contará coa participación dos grupos Carapaus, Secho e os invisibles, Medomedá e Sacha na horta. Haberá, ademais, unha churrascada e mexillonada popular para todos os asistentes.

Baixo o lema “resistencia e alegría” e enriba do Valo de Manselle, os veciños da aldea convidan a todos os que desexen pasar una boa noite de música e diversión. Máis información en www.festivalo.gl e nas redes sociais.

www.festivalo.gl
Páxina oficial do FestiValo de Manselle

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

24.9.12

Ribeira: intenso día para o Grumir, cunha muller a punto de parir e dous feridos

  • O dito de que "vén cun pan debaixo do brazo" estivo a punto de facerse realidade, xa que a muller rompeu augas nunha panadería
  • Antes de asistir á parideira, os do Grumir tiveron que atender a dous feridos nun accidente de tráfico a cen metros do parque industrial da Tomada
Media_httpfarm7static_dfujf

Praza de Uxío Novoneyra, antes de que comezaran as obras de remodelación


Ribeira, 24 de setembro de 2012.- O Concello informa de que o Grumir ribeirense tivo unha mañá bastante movida ao ter que atender a unha muller que acababa de romper augas nun establecemento comercial situado na céntrica praza Uxío Novoneyra, concretamente en La Boutique del Pan Isabel. 

Os grupo de intervención municipal foi advertida desta incidencia ás dúas da tarde por un taxista e unha nena que se atopaban nas inmediacións. De seguido, deron conta ao 112 e desprazáronse ata o devandito local con material sanitario. Igualmente, acudiron ao lugar unha patrulla da Policía Local e unha ambulancia medicalizada a bordo da cal ían un médico, un enfermeiro e unha matrona.

Tras corroborar que efectivamente a muller rompera augas, foi trasladada de inmediato ao Hospital da Barbanza.

Antes, accidente na Pobra

Pero xa viñan dunha faena complexa, pois o Grumir ribeirense tamén acudiu esta mañá ao veciño da municipio da Pobra co fin de colaborar na atención a dous feridos como consecuencia da saída de vía dun vehículo.

Os feitos aconteceron na estrada AC 302 que une A Pobra con Oleiros, a uns cen metros do parque empresarial da Tomada. Grumir e Protección Civil foron alertados polo 112 ás 10.20 horas e acudiron ao lugar, ao igual que dous patrullas da policía local da Pobra, outra patrulla da Garda Civil de Tráfico, unha ambulancia do 061 de Boiro, un médico e unha enfermeira do centro de saúde da Pobra e dous camións de bombeiros procedentes de Ribeira e Boiro. Os efectivos ribeirenses cooperaron nas tarefas de extracción dos feridos, que foron evacuados ao Hospital da Barbanza. O operativo rematou ás 11 horas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: van mellorar os arredores do colexio de Artes, en Sego

 

 

Ribeira, 24 de setembro de 2012.- O Concello  acaba de adxudicar unha nova actuación consistente na mellora dos accesos e do entorno do colexio público situado na parroquia de Artes, máis concretamente no lugar de Sego. Cun importe de 57.455 euros, a obra foi adxudicada á empresa “Construcciones Anspal, S.L.”.

 

Na actualidade o camiño que dá acceso ao colexio de Artes presenta irregularidades no seu firme, con pronunciados avultamentos que sobresaen da rasante do vial e dificultan o tránsito de vehículos.

 

Por tales causas, o proxecto elaborado polos servizos técnicos municipais ten o obxectivo de acadar un estado do firme do vial homoxéneo e regularizado, de tal xeito que a circulación resulte o máis cómoda posible. Cabe salientar a este respecto que, ademais do centro educativo citado, tamén se verán beneficiadas da actuación outras instalacións que se ubican na zona, como o Centro Recreativo de Artes ou o Museo Etnográfico.

 

Para isto, pavimentarase o vial cunha mestura bituminosa en quente sobre unha superficie próxima aos 900 metros cadrados.

 

Ademais, contémplanse outras actuacións firmes, como son o estendido dunha capa de 20 centímetros de zahorra artificial, a limpeza da rede de pluviais existente na zona e a reconstrución do muro de peche exterior do colexio público.





 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: van restaurar a fonte da Nogueira e recuperar o seu manancial

 
Ribeira, 24 de setembro de 2012.- O Concello informa hoxe do inicio dunha actuación dirixida á recuperación da fonte de pedra situada na Nogueira e ao recuperación do seu entorno, a carón mesmo da avenida de Ferrol que sirve de principal entrada á cidade.

A brigada municipal de Obras está procedendo neste intre á restauración da citada fonte e xa se instalou unha pérgola de madeira coa que se pretende realzar este histórico elemento patrimonial (segundo consta na pedra da propia fonte, a mesma data do ano 1954) e acto seguido vaise colocar unha enredadeira para realzar a súa beleza.

Recuperación do manancial

Tamén serán realizados os labores necesarios para recuperar o manancial que tradicionalmente chegaba ata a esta fonte, seca na actualidade, e crearase unha zona axardinada con bancos e papeleiras e coa plantación dunha simbólica nogueira.

Esta actuación enmárcase no proxecto do equipo de goberno de seguir adecuando a que constitúe principal porta de entrada na cidade, que sirve de ligazón da urbe coa autovía da Barbanza e con localidades como Noia ou Porto do Son. Cabe lembrar outras accións dirixidas ao mesmo obxectivo, como a substitución das pinturas publicitarias que adornaban un muro por fotografías turísticas do concello ou a creación doutra zona axardinada na parte alta da avenida de Ferrol.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical